Portada NOVAS Organizacións ecoloxistas e sindicais piden máis compromiso para reducir o consumo de enerxía dos ed
Organizacións ecoloxistas e sindicais piden máis compromiso para reducir o consumo de enerxía dos ed
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 19 Novembro 2009 17:26
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091119_edificiosluz

Cando as negociacións en torno á revisión da directiva de eficiencia enerxética de edificios entran na súa etapa final, organizacións medioambientais e sindicais piden aos representantes políticos compromisos reais, serios e ambiciosos para mellorar o comportamento enerxético do sector dos edificios da Unión Europea.

 

Nunha carta conxunta enviada o pasado 29 de outubro aos membros do Consello, do Parlamento Europeo e as representacións permanentes ante a UE, organizacións medioambientais e sindicais de España e Europa lémbranlles que reducir as emisións do sector dos edificios é fundamental para que a UE cumpra cos seus obxectivos sobre clima e enerxía, e que para iso necesítase unha directiva de eficiencia enerxética de edificios serios e ambiciosos que siga a senda marcada polo Parlamento Europeo na súa primeira lectura o pasado mes de abril.

 

As organizacións asinantes (CAN Europe, a Oficina Europea de Medio Ambiente, Amigos de la Tierra, Comisións Obreiras, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e WWF) consideran que as présas por pechar un acordo sobre o texto da directiva baixa o pretexto de acadar un rápido acordo antes do Cume de Copenhaguen en decembro, só conseguirán unha directiva feble e prexudicar aínda máis a credibilidade da UE ante as negociacións internacionais sobre clima e aos cidadáns europeos.

Neste punto, cabe lembrar que os edificios europeos malgastan actualmente unha gran proporción da enerxía que utilizan. Unha enerxía que en lugar de quentar as nosas casas ou reservarse para as xeracións futuras só consegue quentar máis o planeta, desperdiciar o diñeiro de familias e empresas e seguir aumentando a dependencia enerxética exterior.

Por este motivo, os principais puntos que as organizacións sociais considerarán para valorar o éxito do acordo sobre o texto final da revisión da directiva de eficiencia enerxética de edificios son os seguintes:

  • A obriga de fixar obxectivos ambiciosos para modernizar parte do seu parque edificatorio existente de acordo cos estándares de enerxía cero para o ano 2020, con obxectivos intermedios para 2015, así como asegurar que todos os edificios de nova construción son de enerxía cero a partir de 2015 (por edificios de enerxía cero enténdense aqueles edificios altamente eficientes que cobren as súas pequenas necesidades de enerxía restantes con enerxía procedente de fontes renovables, producida in situ ou localmente).
  • Requisitos mínimos de eficiencia enerxética para ventás, portas exteriores, tellados, paredes e sistemas de illamento que garantan que calquera pequena reforma convértese nunha ocasión para reducir as perdas de enerxía.
  • A obriga de que os Estados membros modifiquen os seus Códigos Técnicos de Edificación para 2015, para asegurar que os investimentos que se acometan en construción e renovación xeran os maiores beneficios globais para a sociedade –en termos económicos, sociais e medioambientais.
  • A utilización de fondos nacionais e comunitarios, así como dos mecanismos financeiros apropiados, para axudar os cidadáns da UE a reformar os seus fogares e a potenciar o desenvolvemento do sector para posibilitalo.

 

Coa revisión desta directiva, a UE ten nas súas mans a oportunidade de asentar un dos exemplos máis importantes de acción interna para loitar contra o cambio climático. Unha directiva de eficiencia enerxética de edificios sólida conseguiría axudar a aforrar máis de 80 millóns de toneladas equivalentes de petróleo ao ano (máis de 30 mil millóns de euros anuais), e asegurar un futuro enerxético máis seguro para Europa e todos os seus cidadáns.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.