Portada NOVAS Organizacións sociais presentan un Manifesto Galego polo Clima
Organizacións sociais presentan un Manifesto Galego polo Clima
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 15 Decembro 2009 17:57
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091215_alianzagalegapoloclimaPor iniciativa da Alianza Galega polo Clima – constituída hai tres meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia - diversas organizacións sociais e plataformas cidadás galegas(1) asinan un manifesto baixo o lema “Sustentabilidade e xustiza contra a crise climática”. Coincidindo coa recta final do Cumio do Clima de Copenhague, esta organización demanda a nivel internacional e galego a adopción de accións efectivas para previr unha mudanza climática catastrófica.

 

As organizacións asinantes, conscientes de que a crise climática é moito máis preocupante que a actual crise económica, súmanse á reivindicación dun “novo acordo climático vinculante, xusto e ambicioso que comprometa aos países industrializados a reduciren as súas emisións en polo menos un 40% para 2020 (logrando cando menos as tres cuartas partes desa redución con medidas dentro do seu territorio) a respecto dos niveis de 1990. Para 2050, as emisións mundiais deberán reducirse polo menos nun 80%, co que as dos países industrializados deberán ser próximas a cero”.

 

“Como parte do mundo enriquecido, Galicia é corresponsable do maior problema socioambiental global”. As emisións por habitante de gases causantes do cambio climático son superiores non só ás emisións medias mundiais senón mesmo ás da Unión Europea. A principal responsabilidade de que isto sexa así é de gobernos e empresas, polo que as organizacións sociais demandan “á Xunta, aos Concellos, ás forzas políticas e ás empresas que actúen para salvar o clima”.

 

Manifesto completo

 

(1) Relación de organizacións que asinan o manifesto:

Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Altermundo, Amigos da Terra, Ecodesarrollo Gaia, Federación Ecoloxista Galega (formada polos grupos ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, GN Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Xevale, Vaipolorío e Verdegaia), Greenpeace, Iniciatica Galega Pola Soberanía Alimentar dos Pobos ( formada polos grupos Setem-Amarante, A Cova da Terra, Eirado, Emaús, Fundación Galicia Verde, Panxea, Semente, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Veterinarios sen Fronteiras), Intermón Oxfam, Plataforma "Salva o Tren", Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Veterinarios sen Fronteiras.

 

Para máis información

 

Normal 0 21

Organizacións sociais presentan un Manifesto Galego polo Clima

Por iniciativa da Alianza Galega polo Clima – constituída hai 3 meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia - diversas organizacións sociais e plataformas cidadás galegas(1) asinan un manifesto baixo o lema “Sustentabilidade e xustiza contra a crise climática”. Coincidindo coa recta final do Cumio do Clima de Copenhague, esta organización demanda a nivel internacional e galego a adopción de accións efectivas para previr unha mudanza climática catastrófica.

As organizacións asinantes, conscientes de que a crise climática é moito máis preocupante que a actual crise económica, súmanse á reivindicación dun “novo acordo climático vinculante, xusto e ambicioso que comprometa aos países industrializados a reduciren as súas emisións en polo menos un 40% para 2020 (logrando cando menos as tres cuartas partes desa redución con medidas dentro do seu territorio) a respecto dos niveis de 1990. Para 2050, as emisións mundiais deberán reducirse polo menos nun 80%, co que as dos países industrializados deberán ser próximas a cero”.

“Como parte do mundo enriquecido, Galicia é corresponsable do maior problema socioambiental global”. As emisións por habitante de gases causantes do cambio climático son superiores non só ás emisións medias mundiais senón mesmo ás da Unión Europea. A principal responsabilidade de que isto sexa así é de gobernos e empresas, polo que as organizacións sociais demandan “á Xunta, aos Concellos, ás forzas políticas e ás empresas que actúen para salvar o clima”.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.