Portada NOVAS Os países industrializados son os culpables do bloqueo no Cumio de Copenhague
Os países industrializados son os culpables do bloqueo no Cumio de Copenhague
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 17 Decembro 2009 19:08
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091217_cumecopenhague

 

 

Amigos da Terra Internacional sinala aos países industrializados como os principais culpables de que non houbese ningún avance significativo durante as negociacións do clima.

Os responsables políticos dos países ricos como Estados Unidos, que contribuíron enormemente ao cambio climático, non perderon aínda a oportunidade de sorprender ao mundo cun acordo xusto.


A Secretaria de Estado, Hilary Clinton, anunciou que Estados Unidos contribuiría a un imprevisto "reparto xusto" para un fondo de 100.000 millóns para paliar o cambio climático, que non puido dar ás negociacións o empuxón que necesitan para alcanzar un acordo forte e xusto.


Erich Pica, Presidente de Amigos da Terra Estados Unidos declarou: "É bo sinal que por fin Estados Unidos estea falando de financiamento para solucionar a crise climática, pero a proposta de hoxe está baleira de contido. A cantidade anunciada quédase moi por debaixo do sinalado por Nacións Unidas. Un financiamento inadecuado condenará aos máis pobres a continuar na pobreza, mentres que o mundo sofre os desastres do cambio climático. Ademais, os préstamos e os investimentos privados non deben substituír baixo ningún concepto os fondos públicos".

Amigos da Terra cre que os Xefes de Estado aínda teñen a posibilidade de alcanzar un avance significativo, sempre que os Gobernos dos países industrializados decidan asumir as súas responsabilidades históricas e se comprometan a un acordo forte e xusto polo clima.


Nestes últimos días, non houbo ningún progreso substancial nas negociacións, e os países industrializados non teñen ningún interese en reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, nin en financiar a adaptación ao cambio climático.


Os países africanos suxeriron aumentar o financiamento en 500.000 millóns de dólares para un comezo rápido que poida romper o bloqueo.


Aínda que as discusións están baseadas nas negociacións existentes dentro do marco das Nacións Unidas, isto só foi despois dos repetidos intentos dos países industrializados de introducir novas propostas a porta pechada.


Meena Raman de Amigos de la Tierra Malasia dixo: "Os países non industrializados non son o problema aquí, eles só están preguntando polas súas obrigas aos países ricos. Isto significa confiar en novos obxectivos de redución de emisións, en liña co que a ciencia necesita, rexeitando as compensacións e achegando fondos para a adaptación dos países non industrializados".


"Os países industrializados parecen ter esquecido os novos obxectivos de redución de emisións e agora atrévense a culpar aos países non industrializados do bloqueo no Cumio. Os países ricos non poden permitir que o Cumio fracase".

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.