| Programa A Aposta en Fogares |
| Escrito por Montse Fernández |
| Domingo, 21 Marzo 2010 05:51 |
|
Amigos da Terra levou a cabo esta semana na Escola Taller de Caldas de Reis o segundo obradoiro do programa A Aposta en Fogares, no que están a participar 40 familias deste concello. Neste obradoiro tratouse o tema da Auga, analizando os usos que facemos da auga no fogar e espoñendo distintos xestos cos que podemos aforrar nos nosos consumos de auga.
O vindeiro obradoiro tratará sobre a Mobilidade Sostible e terá lugar no mes de xuño.
|





