| Amigos da Terra súmase a “A Hora do Planeta 2010” |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 25 Marzo 2010 18:46 |
|
Amigos da Terra súmase á campaña de WWF “A Hora do Planeta”, unha chamada á acción contra o cambio climático, que terá lugar este sábado 27 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas.
"A Hora do Planeta" é unha iniciativa global de WWF onde os individuos, escolas, organizacións, empresas e gobernos apagan as súas luces durante unha hora para votar a favor da acción sobre o cambio climático. Ao apagar os seus interruptores de luz, os participantes de "A Hora do Planeta" envían unha poderosa mensaxe visual aos seus dirixentes esixindo accións inmediatas contra o cambio climático.
Con esta iniciativa preténdese xerar impulso político para a adopción dun tratado mundial ambicioso, xusto e vinculante sobre clima para reducir as nosas emisións de carbono, despois dos decepcionantes resultados do Cumio de Copenhague.
APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA!
Máis información sobre a campaña
|





