| IV Jornadas de Intercambio de Experiencias Hogares Verdes |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 30 Marzo 2010 17:22 |
|
Nelas reunímonos máis de 80 técnicos responsables do programa nas diferentes comunidades autónomas, co obxectivo de presentar resultados, avaliar, intercambiar experiencias e tentar, en definitiva, de mellorar o programa. Segundo contabilizamos nas xornadas, este ano estamos traballando con máis de 2.200 fogares en toda a península e as illas Canarias.
Dende Amigos da Terra aportamos 80 familias, que participan no programa “A Aposta en Fogares”, nos concellos de Cuntis e Caldas de Reis.
Pronto se poderán consultar as actas das xornadas na páxina do CENEAM adicada á rede. Para máis información podedes consultar o blogue da rede estatal de “Hogares Verdes”. |

Este ano tivemos novamente a oportunidade de participar nas IV Jornadas de Intercambio de Experiencias do programa Hogares Verdes, que se levaron a cabo no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), en Valsaín-Segovia, os días 24, 25 e 26 de marzo.


