| Obradoiro sobre os usos da auga en Cuntis |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 08 Abril 2010 18:11 |
|
Amigos da Terra levou a cabo onte na Casa da Cultura do concello de Cuntis o segundo obradoiro do programa A Aposta en Fogares, no que participan 40 familias deste concello pontevedrés.
Nesta ocasión, tratouse o tema da auga, reflexionando sobre a importancia da auga nas nosas vidas e analizando os usos que facemos da auga no fogar, expoñendo distintos xestos cos que podemos aforrar nos nosos consumos de auga.
O vindeiro obradoiro tratará sobre a Mobilidade Sostible e terá lugar no mes de xuño. A través desta iniciativa, preténdese acadar un 5% de aforro en enerxía, auga e transporte respecto ao consumido o ano anterior nos fogares participantes.
|






