Portada NOVAS Obxectivo do 40% de redución de emisións
Obxectivo do 40% de redución de emisións
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 14 Xuño 2010 17:20
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100614_mundo_aplastado

 

A Unión Europea non entendeu que alcanzar o obxectivo do 40% é a resposta ao cambio climático. Tras a reunión en Bonn seguimos tan lonxe como hai 6 meses dun acordo internacional.



Amigos de la Tierra expresou a súa preocupación polo resultado do Consello de Ministros de Medio de Luxemburgo, onde se discutiu o informe da Comisión Europea sobre a posibilidade de adoptar un obxectivo de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro do 30% para 2020, respecto a 1990.


Desgraciadamente, segundo as conclusións do Consello, os Estados Membros deberían descartar a adopción dun obxectivo de redución máis ambicioso que o 20% actual, e insisten en apoiar unicamente o 30% só, se outros países industrializados adoptan compromisos similares.

 

Esta reticencia contradí a posición da Comisión Europea de non superar o perigoso albor dos 2ºC, a pesar de que os informes científicos advirten seriamente de que só un recorte de polo menos o 40% respecto aos niveis de 1990 dará certa probabilidade de non aumentar a temperatura do planeta por enriba dos 2 graos.


A reunión de ministros coincide coa clausura das negociacións da ONU que tiveron lugar en Bonn as últimas dúas semanas. Trátase da primeira reunión internacional de alto nivel no camiño cara ao cumio de Cancún, pero seguimos tan lonxe dun acordo internacional como hai 6 meses en Copenhague. Ademais, Estados Unidos, secundado polos países do grupo Umbrella (Canadá, Australia e Nova Zelandia) atacou as negociacións sobre obxectivos e a prolongación do Protocolo de Kioto, afirmando que é un acordo non vinculante.

 

A Unión Europea non entendeu que alcanzar o obxectivo do 40% é a resposta á seguridade enerxética e ao cambio climático. É tamén unha oportunidade para un crecemento económico sostible e a creación de empregos verdes. Conclúe así o tramo da presidencia española da Unión Europea, sen que se producise ningún avance na loita contra o cambio climático por falta de vontade política.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.