Portada NOVAS Amigos da Terra organiza un Seminario Internacional de Cambio Climático “Tecendo redes para o cambio
Amigos da Terra organiza un Seminario Internacional de Cambio Climático “Tecendo redes para o cambio
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 02 Xullo 2010 20:01
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091215_alianzagalegapoloclima

 

 

O Seminario Internacional de Cambio Climático “Tecendo redes para o cambio”, celebrarase, do 3 ao 9 de xullo, no Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas.

Este encontro, englobado dentro do contexto do programa Xuventude en Acción da Unión Europea, é apoiado pola Axencia Nacional – INJUVE e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.


Un total de 25 participantes de catro países europeos das organizacións de Amigos de la Tierra España, Bélxica e Reino Unido e a asociación Oïkos de Francia, daranse cita en As Corcerizas co obxectivo de reflexionar sobre os problemas e ás posibles alternativas para frear o cambio climático.

Dentro das moitas actividades que ten previstas para estes sete días, levaranse a cabo relatorios e debates dirixidos por expertos/as e participantes que identifican alternativas de redución da pegada de carbono, e accións prácticas para cada un dos temas tratados: eficiencia enerxética, agroecoloxía, bioconstrución, denuncias ambientais, decrecemento e a produción e aplicacións do compost, entre outros.

Así mesmo, nunha das xornadas, realizarán unha visita á vila e a aula da natureza de Allariz, un proxecto co que se quere amosar que unha vida sostible dentro do rural galego é posible e por outra banda, que o propio equipamento de As Corcerizas, serviralles de exemplo práctico sobre como plantexar un modelo de vida sostible en harmonía coa natureza.

 

Por ultimo, e co obxectivo de que o encontro non se quede só en verbas, os participantes crearán un grupo de traballo para poder realizar no futuro proxectos xuntos.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.