Portada NOVAS Cara a unha política enerxética libre de carbono, xusta e sustentable
Cara a unha política enerxética libre de carbono, xusta e sustentable
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 06 Setembro 2010 21:47
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

paneles-solares

 

Amigos de la Tierra pide un Pacto de Estado sobre enerxía que aposte por un modelo enerxético ambientalmente coherente e socialmente xusto.

 

A organización ecoloxista Amigos de la Tierra fixo público o seu posicionamento e as súas propostas sobre políticas enerxéticas en España. O documento resalta a importancia da enerxía sobre o conxunto da sociedade propondo un modelo enerxético que incorpore criterios de eficiencia e aforro enerxético fronte ao consumo e ao desbaldimento, a  descarbonización da economía para loitar contra o cambio climático, e a aposta polas enerxías renovables fronte ás falsas solucións como a enerxía nuclear ou a tecnoloxía de Captura e Almacenamento de Carbono.

 

Liliane Spendeler, directora ambiental de Amigos de la Tierra España, manifestou que "é o momento de apostar por outro modelo enerxético. O esgotamento dos recursos naturais enerxéticos, a problemática do cambio climático, xunto ao gran potencial das enerxías renovables marcan claramente o camiño: reducir o noso consumo enerxético en termos absolutos baseándonos nunhas necesidades de consumo racionais e apostar por un mix enerxético respectuoso co medio ambiente, xusto e solidario. Debemos concienciarnos de que vivimos nun mundo con recursos limitados e debemos facer un uso consciente deles."

 

Alejandro González, responsable da área de Cambio Climático e Enerxía, engadiu que "Europa pode abastecerse só con enerxías renovables nun futuro próximo, se hai vontade política. Ademais, é economicamente beneficioso e xerará emprego. Desta maneira podemos asumir a nosa responsabilidade histórica no reto contra o cambio climático. Non necesitamos recorrer a falsas solucións. A tecnoloxía de Captura e Almacenamento de Carbono só nos fará máis dependentes durante máis tempo dos combustibles fósiles e non chegará a tempo para mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro. Pola súa banda a enerxía nuclear, que se pretende promover co pacto de estado entre os principais partidos políticos, é sucia, moi perigosa e de ningunha maneira contribúe a solucionar os problemas ambientais relacionados co consumo enerxético".

 

Amigos de la Tierra demostra no seu estudo "O papel de Europa no reto climático" encargado ao Instituto de Medio Ambiente de Estocolmo, que impulsando politicamente as enerxías renovables pódense alcanzar os obxectivos de redución de gases de efecto invernadoiro que eviten as peores consecuencias do cambio climático, sen necesidade da enerxía nuclear ou os agrocombustibles. Apostar por estas últimas opcións non fai máis que perpetuar un modelo de sobre-consumo de recursos, principalmente provenientes do Sur global, cuxa extracción, produción e transporte levan un impacto ambiental e social demasiado elevado.

 

Amigos de la Tierra pide aos partidos políticos que demostren responsabilidade na negociación dun Pacto de Estado en materia enerxética e estean á altura para que os acordos alcanzados respondan realmente aos grandes retos aos que a humanidade se enfronta.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.