| Os países industrializados deben saír do atasco para frear o cambio climático |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 05 Outubro 2010 10:23 |
|
Co comezo dunha nova rolda de negociacións sobre o clima en China, Amigos de la Tierra Internacional fai un chamamento aos países industrializados para poñer límites maiores ás emisións e colaborar cos países empobrecidos para alcanzar un acordo ambicioso e xusto.
As negociacións de Nacións Unidas (UNFCCC) están a ter lugar en Tianjin, China, ata o próximo 9 de outubro. Trátase da última reunión antes do Cumio do Clima en Cancún, México, do 29 de outubro ao 10 de novembro.
As negociacións xirarán entorno ao control do financiamento para mitigar o cambio climático. Neste sentido, Amigos de la Tierra Internacional aposta polo establecemento dun fondo global no marco da UNFCCC, que garanta a non intervención de entidades bancarias.
Mentres, algúns países industrializados, liderados por Estados Unidos, intentan ceder o control dos fondos ao Banco Mundial. Asade Rehman, de Amigos de la Tierra Inglaterra, Gales e Norte de Irlanda, que observa as negociacións en Tianjin, sinalou: "Estados Unidos e algúns países industrializados desexan que o Banco Mundial se encargue de xestionar os fondos destinados a frear o cambio climático. Isto é algo completamente inaceptable. O Banco Mundial é unha institución desacreditada e non democrática que, lonxe de loitar contra o cambio climático, o perpetúa. Este organismo está fortemente influenciado por multinacionais moi contaminantes, e é un dos principais financiadores de proxectos ambientais e sociais que destrúen a Terra".
"Xa é hora de que os políticos deixen de escoitar ao Banco Mundial e ao resto de intereses corporativos, e comecen a traballar pola xente e polo planeta. Existe o potencial suficiente para alcanzar un acordo en Tianjin, sempre que os países industrializados cumpran coa súa parte. A cidadanía destes países ten que instar os seus líderes a actuar con medidas a favor da xustiza climática", agregou.
Á súa vez, Karen Orenstein, de Amigos de la Tierra Estados Unidos, comentou que o Goberno Obama ten que deixar de liderar as negociacións, xa que a crise climática demanda uns obxectivos máis ambiciosos dos propostos pola Administración estadounidense. A Unión Europea pode emerxer ofrecendo unha redución de emisións equitativa e de acordo ás necesidades que formula a ciencia.
Ademais de pedir un acordo xusto e forte que diminúa as emisións de efecto invernadoiro, e incluír a creación de comisións por parte dos países industrializados para que asuman a súa responsabilidade na adaptación e mitigación dos efectos do cambio climático nos países empobrecidos, Amigos de la Tierra Internacional esixe un acordo que:
|





