| Cancún: a actitude dalgúns países pon en perigo a loita contra o cambio climático |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 02 Decembro 2010 12:01 |
|
Durante o Cumio de Cancún, onde se deberían sentar as bases para un verdadeiro acordo internacional para loitar de xeito efectivo contra o cambio climático, produciuse un revés serio nas expectativas. Xapón anunciou que se opón incondicionalmente a un segundo período de compromiso do Protocolo de Kioto, que remata en 2012.
González manifestou por outro lado que "o goberno Mexicano non pode permitir os mesmos erros que se produciron en Dinamarca: deben dirixir e apoiar un proceso forte, transparente, xusto, e participativo, e así manifestámosllo nunha carta aberta que foi avalada por redes internacionais e organizacións, algunhas delas españolas", en alusión ás dificultades e restricións que a sociedade civil ten para seguir o cumio. "É incomprensible que un cumio sobre medio se celebre nun sitio tan insostible e elitista como Cancún. Estes complexos hoteleiros desaparecerán baixo a auga se os gobernos dos países ricos non fan nada. "
A Unión Europea continua nunha postura inmobilista e de baixo perfil. Nese sentido, González que "a Unión Europea debe lanzar dunha vez o sinal, indicando que chegará a un 30% de redución interna. É o único xeito de recuperar protagonismo e credibilidade nas negociacións. Este obxectivo é bo para a economía e os principais grupos económicos e a Comisión Europea apóiano". Amigos de la Tierra reclamou á nova Ministra Rosa Aguilar que España manifeste publicamente o apoio ao 30% e un respaldo firme ao Protocolo de Kioto. Doutro xeito, España perdería credibilidade.
A nota positiva son as mobilizacións que distintos movementos sociais emprenderon: Caravanas de movementos indíxenas, e redes de Xustiza Climática e débeda ecolóxica chegarán este fin de semana á cidade de Cancún. "Amigos da Terra e outros movementos aliados, como a Vía Campesiña, crearon espazos, encontros e foros para o diálogo da sociedade civil. Esta é o verdadeiro cumio, a que realmente representa os intereses das persoas que os gobernos esqueceron nas negociacións", dicía Héctor de Prado, coordinador das mobilizacións de Amigos da Terra España. |





