| Miles en Cancún |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Martes, 07 Decembro 2010 11:09 |
|
Organizacións e movementos sociais de todo o mundo chegan a Cancún para participar no Cumio de Cambio Climático da ONU, que se está a celebrar dende o 29 de novembro ao 10 de decembro en México.
Miles de persoas, afectadas por catástrofes climáticas, agricultoras e gandeiras, movementos indíxenas, xentes sen terra e miles de activistas de tódolos sectores da sociedade debaterán e proporán solucións reais para frear a crise do clima. Á súa vez demostrarán aos líderes do mundo como as propostas da sociedade civil pola xustiza climática expoñen medidas efectivas e xustas fronte ás falsas solucións que se están debatendo no Cumio do Clima, como o comercio de carbono, o Programa de Redución de Emisións de Carbono causadas pola Deforestación e a Degradación dos Bosques (REDD), os agrocombustibles ou a xeoinxeniería.
Amigos da Terra Internacional, xunto a Vía Campesiña e a Marcha Mundial das Mulleres están a animar a todos os movementos sociais, ás organizacións locais e a tódalas persoas do mundo a unirse a unha soa voz pola xustiza climática, participando en manifestacións e accións a favor dun acordo xusto e vinculante e mostrando o seu rexeitamento ás falsas solucións.
O 7 de decembro é o día internacional de mobilizacións e accións de rúa.
Úneche ao movemento pola xustiza climática! Participa!
Non estás en Cancún? Ciberactúa! Esixe a México que non repita os mesmos erros no Cumio do Clima!
Queres saber máis? entra aqui
Fotos:
Vídeos: http://www.youtube.com/user/CJToolkit#p/a/u/1/IhGLz1OWoH4
Entrevistas de Radio Mundo Real http://www.sosclima.org/especial-cop16-entrevistas-de-radio-mundo-real |






