Portada NOVAS Actúa!: Esixe xustiza climática
Actúa!: Esixe xustiza climática
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 08 Decembro 2010 12:06
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cancun

Durante estas semanas de negociacións en Cancún, México, dende Amigos da Terra animámosvos a premer aos líderes políticos para que deixen de bloquear as negociacións e dean paso a un acordo baseado en xustiza climática.



Co fin de evitar os mesmos erros que se cometeron en Copenhague o ano pasado para frear as graves consecuencias do cambio climático, temos que lanzar unha mensaxe clara aos líderes do Cumio.


Á fronte das negociacións estará a Secretaria de Relacións Exteriores México, Patricia Espinosa Castellano. Espinosa debe manter as negociacións a salvo, poñendo fin ás reunións a porta pechada e evitando as inxustas restricións contra a sociedade civil, que xa vimos na anterior COP de Dinamarca.


Estes movementos son os oídos e a voz do planeta Terra. E só se conseguimos incluír as demandas da sociedade civil procedente de países de todo o mundo, conseguiremos un acordo forte e xusto en México.

 

ENVÍA A TÚA CARTA A PATRICIA ESPINOSA, SECRETARIA DE RELACIÓNS EXTERIORES DE MÉXICO!


PODES LER A TRADUCIÓN DA CARTA AQUÍ



Defende a xustiza climática!


Os nosos compañeiros de Amigos de la Tierra Inglaterra, Gales e Norte de Irlanda contarán con está ciberacción na súa web, e aseguraranse de facer chegar todas as túas demandas as persoas responsables.


O enlace lévate á web en inglés deste grupo de Amigos de la Tierra. Neste apartado encontrarás a tradución de toda a ciberacción. Se tes calquera dúbida, escríbenos e poñerémonos en contacto contigo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.