Portada NOVAS Reducir o consumo enerxético nos fogares é posible
Reducir o consumo enerxético nos fogares é posible
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 17 Xaneiro 2011 10:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

apagar-luz

Os resultados do programa de educación ambiental “A Aposta en fogares”, desenvolvido por Amigos da Terra nos concellos de Caldas de Reis e Cuntis durante o pasado ano, demostran que é factible minimizar o consumo enerxético nas nosas vivendas sen perder calidade de vida e co conseguinte aforro económico e mellora do noso medio.

 

“A Aposta en fogares” foi un proxecto posto en marcha por Amigos da Terra en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os dous concellos implicados, iniciouse en outubro do 2009 e rematou en decembro de 2010.

 

Das 80 familias que iniciaron o programa (40 en cada concello), finalmente completárono 56 (31 de Caldas e 25 de Cuntis), que foron aquelas das que se puideron obter datos dos seus hábitos de consumo mediante unha enquisa inicial e unha final, Se ben e certo que foron menos, 18 en total, as familias das que se puideron obter ademais datos de consumos eléctricos, xa que as propias familias tiñan que facilitar as facturas da luz.

 

O reto formulado dende o principio tiña un dobre obxectivo, por unha banda, acadar unha redución dun 5 % no consumo enerxético do total dos fogares participantes e por outra, promover un cambio de actitude na cidadanía cara un consumo máis responsable.

 

Para isto, Amigos da Terra facilitou aos participantes un manual de consellos e recomendacións de aforro e eficiencia no fogar, un pack de aforro enerxético con perlizadores e redutores de caudal para as billas, lámpadas de baixo consumo, un termómetro, unha regleta con interruptor e un reloxo de area (controlador de tempo para ducha) e tres obradoiros (enerxía, auga e transporte), repartidos ao longo de todo o ano, para a aprendizaxe da aplicación destes consellos e aclarar dúbidas.

 

Con respecto aos resultados acadados, no tocante aos cambios de hábitos destacan o descenso do número de aparellos que se deixan en estado de “espera”, un maior interese por electrodomésticos eficientes, melloras sinxelas no illamento do fogar, unha mellor xestión da calefacción, un aumento considerable no emprego de redutores de caudal de auga nas billas, así como un aumento tamén importante no numero de lámpadas de baixo consumo por fogar.

 

No referente aos resultados da redución de consumos enerxéticos, a pesar de poder contar cos datos de poucas familias, os resultados acadados non podían ser mellores: os participantes de Caldas de Reis, acadaron unha redución dun 5 % no consumo enerxético co respecto aos consumos do período base (o que supuxo deixar de emitir 530,54 Kg de CO2), e os de Cuntis, lograron reducir un 9% o consumo enerxético dos seus fogares (o que supuxo deixar de emitir 852,3 kg de CO2), o que quere dicir que en ámbolos dous casos acadouse o reto do aforro dun 5%.

 

Queda demostrado que con vontade e uns sinxelos consellos de aforro reducir o consumo enerxético dos nosos fogares é posible, ademais, o noso peto e o medio ambiente agradeceránnolo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.