| Da comezo a VI Edición da Campaña A Aposta fronte ao Cambio Climático |
| Escrito por Webmaster |
| Martes, 15 Xullo 2008 01:00 |
|
Os consumidores finais, as vivendas, ou o sector doméstico, teñen unha grande responsabilidade na degradación ambiental do planeta e unha enorme capacidade para cambiar os procesos produtivos a través da selección da demanda de bens e servizos. As eleccións feitas polos cidadás á hora de comprar, como a maneira que estos xestionen os seus fogares, pode ter unha influencia ambiental moi significante, tanto directa como de xeito indirecto. A Aposta por frear o Cambio Climático pretende ser unha proposta de actuación no ámbito doméstico, que sexa integrado no sumatorio de esforzos desde as diferentes esferas da sociedade na loita fronte ao cambio climático, diferentes accións que xa están xurdindo desde os centros de ensino, centros de traballo, administración...coa finalidade de converxer nun cambio global e local. O escenario doméstico resulta estratéxico, para o inicio dunha serie de cambios en cadea que tamén repercuta noutras esferas do ámbito social, creando modelos de comportamento e de conducta sustentables, resultando beneficiada a nosa economía e o noso benestar, e repercutindo de xeito directo e positivo para o medio ambiente. Os sectores que se traballarán no periodo 2008-2009 serán Enerxía (Luz , Calefacción e Auga Quente Sanitaria), Auga e Transporte, e os logros acadados serán cotexados cos mesmos periodos de consumo dos anos 2007-2008. |

Veinticinco fogares do municipio de O Barco de Valdeorras comprométense a asumir o reto de reducir as súas emisións ao longo dos 12 meses que dura a campaña, cambiando os hábitos no seu uso coa auga, coa enerxía e co modelo de mobilidade que sustentan.
A Aposta por frear o Cambio Climático


