Portada NOVAS Amigos da Terra reclama a implicación de Galicia para conseguir unha Lei de Cambio Climático Estatal
Amigos da Terra reclama a implicación de Galicia para conseguir unha Lei de Cambio Climático Estatal
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 23 Febreiro 2011 14:29
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Portada_Informe_Cambioclima

Amigos da Terra presentou hoxe o informe "Oportunidades para una Ley de Cambio climático en España basada en presupuestos de carbono", no que pide a implicación real dos políticos galegos na loita contra o quentamento global. A asociación ecoloxista elixiu Vigo para a presentación deste informe porque o Presidente daRed Española de Ciudades por el Clima é Abel Caballero, alcalde da cidade.


O estudo, elaborado por Amigos de la Tierra co apoio técnico dunha consultora especializada, expón a vantaxe, á vez que a necesidade, da implantación dunha lei transversal de cambio climático para que España reduza, de forma segura e planificada, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Esta, é unha das principais conclusións que se pode extraer do informe 'Oportunidades para una Ley de Cambio climático en España basada en presupuestos de carbono', que reflicte a necesidade de implantar unha lei transversal para reducir, de forma segura e planificada, as emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

O informe, o primeiro que introduce estes conceptos en España, nace co propósito de iniciar un debate sobre a importancia de desenvolver unha normativa xuridicamente vinculante para que as accións na loita contra o cambio climático sexan "viables, efectivas, medibles e avaliables".


Para Amigos da Terra unha Lei de Cambio Climático que contemple obxectivos anuais de redución é o mellor camiño para unha planificación estratéxica integradora, e viable economicamente a medio e longo prazo.

 

O estudo propón tamén que se planifiquen uns presupostos de redución de emisións de forma anticipada de forma que poida haber un escenario economicamente previsible a moi longo prazo, o que tamén favorecería unha maior competitividade para as empresas.

 

A implementación dunha Lei de Cambio Climático pode ser o "instrumento definitivo" para facer fronte ao reto do cambio climático, posto que constitúe un marco lexislativo transversal que, ademais, introduce traxectorias concretas de redución de obrigado cumprimento a medio e longo prazo.

 

Este documento enmárcase dentro da campaña SOS Clima que ten por obxecto a demanda de leis nacionais que permitan reducir anualmente as emisións de GEI a 18 países da Unión Europea. No Reino Unido e Escocia recibiu o apoio da clase política, o sector empresarial e a sociedade civil, o que deu lugar a unha lei que lles permite reducir as súas emisións de cara ao 2020 nun 34 e 42%, demostrando que estes niveis de compromiso non só son posibles, senón que son moi necesarios.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Otto 02/03/2011 09:18
Moita repercusión nos medios de comunicación! é reflexo do interese social de mudar o que xa temos porque en efecto, o que xa temos non porá freo ao avance do cambio climático!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.