Portada NOVAS Amigos da Terra felicita ao Concello pola iniciativa de instalar miniaeroxeneradores en Vigo
Amigos da Terra felicita ao Concello pola iniciativa de instalar miniaeroxeneradores en Vigo
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 16 Marzo 2011 12:33
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

aerogeneradorvigo

Ante a decisión do Concello de Vigo de  instalar miniaeroxeneradores en distintos puntos da cidade olívica, Amigos da Terra celebra poder felicitar ao Concello por dita iniciativa, e espera que sirva de precedente. O Concello de Vigo lanza unha mensaxe clara con esta idea: as enerxías alternativas dimensionadas á escala do seu uso, descentralizadas e combinadas con sistemas eficientes, son unha realidade operativa.

 

A asociación anima a Abel Caballero, a que esta iniciativa non sexa testemuñal e se estenda de xeito xeneralizado pola cidade. Así mesmo, aconsellamos ao Alcalde que abandone as campañas de autopromoción persoal (como axendas sen coche e o seu coche eléctrico), campañas absolutamente irrelevantes analizadas globalmente, e aposte decididamente por estas iniciativas, que repercuten directa e eficazmente en reducir a pegada ecolóxica do Concello e a diminución da nosa contribución ao cambio climático.

 

Por outra banda, a asociación tamén alenta ao Alcalde de Vigo a presentar dita iniciativa ao seu propio partido a nivel estatal, xa que na actualidade, está a defender unha política enerxética radicalmente oposta ao fomento das fontes limpas e renovables.

 

Para a asociación ecoloxista, a utopía hoxe, é seguir defendendo a produción nuclear e os combustibles fósiles. O que está sucedendo na central nuclear xaponesa de Fukushima debería ser determinante para que os escépticos terminen de aceptar que só o aforro e a eficiencia, e as fontes de enerxía renovables, son as únicas garantías de futuro.

 

Fonte imaxe: Faro de Vigo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.