Portada NOVAS Co pobo xaponés e en contra da enerxía nuclear
Co pobo xaponés e en contra da enerxía nuclear
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 17 Marzo 2011 13:39
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

pegatina-antinuclear-

 

Amigos da Terra súmase á concentración convocada en Vigo ás 19.00 horas, por Ecoloxistas en Acción e Verdegaia, en solidariedade co pobo xaponés e en contra da enerxía nuclear. Xa son máis de 30 as cidades nas que se convocaron para hoxe actos en solidariedade con Xapón e rexeitamento das nucleares.

 

 

En Fukushima Daichii prodúxose o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radioactiva xa detectada a centos de km. da central de Fukushima.

 

Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandonar esta fonte de enerxía. As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020.

 

Por todo isto, e en solidariedade coas vítimas do terremoto, acude á concentración!!

 

Lugar: Vigo, diante do MARCO (Rúa Príncipe)
Hora: 19:00 horas
Data: 17/03/2011

 

É o momento de dicir non á enerxía nuclear!

 

Manifesto antinuclear


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.