| Xornadas sobre a Oportunidade dunha lei de cambio climático en España |
| Escrito por Montse Valencia |
| Mércores, 25 Maio 2011 09:07 |
|
O vindeiro 2 de xuño realizamos unha Xornada de Cambio Climático e Enerxía en Madrid, sobre a necesidade de implantar unha lei de cambio climático en España. Para coñecer o contido da xornada preme no seguinte:
Haberá varios convidados para coñecer os diferentes puntos de vista sobre a xustificación e necesidade de crear esta lei, eido no que vimos traballando fai tempo desde Amigos da Terra.
O informe elaborado por Amigos de la Tierra fai un ano, "Oportunidades para una Ley de cambio climático en España basada en presupostos de carbono” expón a vantaxe, á vez que a necesidade, da implantación dunha lei transversal de cambio climático para que España reduza, de forma segura e planificada, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Demostra ademais que os presupostos de carbono e os proxectos domésticos de redución de GEI son ferramentas fundamentais para que España contribúa á loita contra o cambio climático na medida que lle corresponde para alcanzar xustiza climática global.
O documento establece, na súa primeira parte, o contexto lexislativo internacional, europeo e nacional, xustificando a necesidade dunha actuación máis ambiciosa fronte ao cambio climático. Á súa vez demostra de forma precisa como unha Lei de cambio climático podería contribuír a esta acción eficazmente, ao constituír un marco lexislativo transversal, introducir traxectorias concretas de redución a medio e longo prazo de obrigado cumprimento e atribuír responsabilidades a cada un dos sectores implicados.
Na actualidade, o goberno vasco ven de aprobar o proxecto de lei de cambio climático converténdose na autonomía pioneira en impulsar esta norma.
Se estades interesados/as en asistir poñédevos en contacto con Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 988.37.43.18
Se queredes consultar o Informe "Oportunidades para una Ley de cambio climático en España basada en presupostos de carbono”: INFORME Oportunidades para una Ley de Cambio Climático en España |





