Portada NOVAS Amigos da Terra critica a idea do alcalde de Vigo de desviar o cauce do río Verdugo
Amigos da Terra critica a idea do alcalde de Vigo de desviar o cauce do río Verdugo
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 05 Xullo 2011 07:40
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 

130809_desierto_cambioclimaticoAmigos da Terra sostén que o alcalde de Vigo non propón ninguna medida de aforro e uso eficiente de auga, senón todo o contrario e considera un “atrevemento” o anuncio realizado polo de que demandará á Consellería de Medio Ambiente a construción dun empalme na confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén para garantir as necesidades de abastecemento da poboación da cidade.

 

 

A asociación ecoloxista considera “especialmente indignante” esta proposta por parte dun alcalde que non só non anuncia nin a máis mínima medida de aforro e/ou uso eficiente de auga, por pequena que sexa, senón todo o contrario e cuestiona a viabilidade medioambiental da proposta realizada. Esixe que se habilite un encoro e se desvíe un río que, ademais, está proposto a ampliación da Rede Natura 2000.

 

Entre as críticas que Amigos da Terra achaca a Abel Caballero destaca que sigue regando os xardíns a pleno sol, inaugurando fontes suntuarias en cada rotonda, baldeando as rúas incluso chovendo a chuzos... Fai alarde permanente de malgasto de auga.

 

Ademais, a asociación ecoloxista recalca que a medida proposta polo alcalde vigués e a súa política en materia de xestión de recurso hídricos é máis grave, si cabe se se ten en conta que é o presidente da Rede de Cidades polo Clima. Cando todas as localidades empezan a aplicar medidas de aforro de auga pola tendencia á sequía que está traendo o cambio climático, el lidera o malgasto.

 

A actitude do alcalde é incoherente e falla de sensibilidade ambiental, cuestiona Amigos da Terra, ao tempo que lembra que os ríos Oitavén e Verdugo están incluídos na nova proposta da Rede Natura 2000 e albergan unha importante riqueza natural debido aos seus bosques de ribeira e augas rápidas de montaña, ademais de xogar un papel importante como corredores ecolóxicos.

 

Diversas entidades ecoloxistas coinciden en que ámbolos dous ríos  permiten manter a conectividade ecolóxica entre os espazos protexidos da Enseada de San Simón e da Serra do Suído e a alteración dos seus cauces que solicita Abel Caballero á Xunta de Galicia alteraría esta valía.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.