Portada NOVAS Menos prospeccións de combustibles fósiles e máis investimento en enerxías renovables
Menos prospeccións de combustibles fósiles e máis investimento en enerxías renovables
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 02 Agosto 2011 11:07
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

burato-negro

As expedicións na fosa atlántica para localizar xacementos de petróleo e gas, na área coñecida como "Gran Burato", continuarán durante este mes grazas á Xunta de Galicia, non obstante, Amigos da Terra reitera que é un erro continuar no camiño da enerxía baseada nos combustibles fósiles e propón a inversión deses 1,26 millóns euros no desenvolvemento dos parques eólicos mariños.

 

Para a organización ecoloxista, é pouco coherente que a Universidade de Vigo, que di apostar pola sustentabilidade e pola preocupación polo cambio climático, siga invertendo inxentes recursos na procura de novos xacementos de combustibles fósiles. Especialmente, é notable a contradición cando se trata de prospeccións mariñas de gran profundidade, que engaden un maior risco medioambiental, existindo estudos que demostran que a esa profundidade, se se producise un vertido sería imposible tapalo.

 

Seguir nesta carreira desesperada por espremer as últimas pingueiras de gas e petróleo (e queimando carbón) soamente conseguirá incrementar as emisións de gases de invernadoiro e aumentar expoñencialmente o cambio climático, desperdiciando no proceso recursos técnicos e materiais e retrasando aínda máis a aposta decidida pola I+D aplicada a conseguir a maior eficiencia e optimización técnica no desenvolvemento das enerxías renovables.

 

A asociación é consciente de que as prioridades nas liñas de investigación dos departamentos universitarios teñen relación directa con quen as paga, que acostuman ser as grandes empresas transnacionais do lobby do petróleo. Non obstante, Amigos da Terra anima á Universidade de Vigo e á Xunta de Galicia a que, polo menos, aproveiten os recursos desas expedicións oceánicas para analizar as posibilidades de desenvolvemento dos parques eólicos mariños "offshore", unha alternativa enerxética pola que xa veñen investigando e apostando outras universidades europeas e que conta co respaldo da maioría do movemento ecoloxista internacional.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.