Portada NOVAS Coalición Clima advirte do risco que supón o cambio climático para o turismo
Coalición Clima advirte do risco que supón o cambio climático para o turismo
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 03 Agosto 2011 10:35
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

playas-galicia_aumento_nive

Coalición Clima, da que forma parte activa Amigos de la Tierra, formula a necesidade de lograr compromisos serios de redución de emisións de CO2 para evitar o colapso do sector turístico español.


O incremento de ondas de calor, o aumento de temperaturas e a suba do nivel do mar, todo iso a consecuencia do cambio climático, supoñen unha grave ameaza para o sector turístico español e, polo tanto, para a principal fonte de ingresos con que conta o noso país.

 

O cambio climático está a afectar xa ao noso país. Os últimos estudos apuntan cara a un aumento das temperaturas por década en torno aos 0,7º en verán, o que leva consigo á súa vez unha diminución media das precipitacións e, por ende, unha menor dispoñibilidade de auga.

 

Ademais, calcúlase que a liña de costa terá retrocedido 15 metros de media para o ano 2050 polo aumento do nivel do mar (uns 15 cm de media) e a enerxía da ondada será cada vez maior, especialmente no norte do Mediterráneo, Galicia e as Illas Canarias.

 

O aumento de nivel do mar traducirase en inundacións e nun retroceso da liña do litoral, que afectará decisivamente ás praias e ao turismo costeiro. Precisamente nas zonas onde máis se urbanizou e "artificializou" a costa, promovendo o turismo masivo de "sol e praia", é onde o litoral máis perdeu a capacidade de amortecer a suba do nivel do mar.

 

Considerando a orixe antropoxénica do cambio climático e as súas palpables consecuencias, non só no noso país senón en todo o mundo, Coalición Clima, apoia o turismo de proximidade e demanda ao Goberno a necesidade de fomentar un modelo de turismo que teña en conta toda a cadea de valor, dende o transporte ata os servizos solicitados no punto de destino. Desta forma potenciaríase o turismo nacional mentres se protexe do cambio climático, ao reducir os desprazamentos en avión.

 

Así mesmo, Coalición Clima tamén formula a necesidade de contar cun marco lexislativo que incorpore políticas concretas de adaptación ao cambio climático estruturadas por sectores e territorios.

 

Coalición clima está formada por 30 organizacións representativas do ecoloxismo, sindicalismo, cooperación ao desenvolvemento, ciencia e investigación, consumidores e grupos sociais diversos. As organizacións participantes en Coalición Clima compartimos a visión de que o cambio climático é un dos maiores retos aos que se enfronta a humanidade a curto prazo.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.