Portada NOVAS Amigos da Terra reclama un consumo responsable da auga ante os problemas de abastecemento en Vigo
Amigos da Terra reclama un consumo responsable da auga ante os problemas de abastecemento en Vigo
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 31 Agosto 2011 08:26
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

pechaogrifo

 

Amigos da Terra propón ao Concello e a cidadanía medidas concretas para o aforro e uso eficiente da auga, máis racionais e sensatas que esnaquizar e secar os ríos da comarca.

 

A tendencia do cambio climático evidencia que estes episodios de secas prolongadas serán cada vez máis frecuentes na nosa terra. É imprescindible iniciar de xeito inmediato as medidas técnicas e educativas para instalar unha nova cultura da auga en Galicia que a considere como un ben cada vez máis escaso. 

 

Os cálculos de capacidade de auga dos encoros de Zamáns e Eiras son igualmente ficticios, pois a erosión e sedimentación non corrixida durante décadas mostran que, facendo un cálculo optimista, xa perderon un 30% da súa capacidade. Aproveitar esta circunstancia de seca para reparar diques, prever fugas de auga e dragar os encoros sería unha mostra de racionalidade que, nin Xunta nin Concello, parecen querer asumir.

 

Pola contra, reducir o caudal ecolóxico do río Zamáns a un 5% e do Oitabén ao 7% antes de aplicar medidas contundentes para a redución do consumo, a eficiencia e a restrición do uso da auga e un absoluto atentado ecolóxico, que Amigos da Terra denunciará ante a Unión Europea, propio da prepotencia dun Alcalde e da irracionalidade dun Conselleiro de Medio Ambiente que consideran á natureza como un simple obxecto ao servizo dos seus caprichos.  ormular un transvase entre ríos sen aplicar previamente medidas contundentes de aforro e un paso máis nesta escalada da irracionalidade.

 

Amigos da Terra propón algunhas medidas que deberían aplicarse de xeito inmediato ante a crise da auga.

 

Para o Concello e outras administracións, que deben usar a auga de xeito eficiente pero teñen, ademais, a obrigación de dar exemplo á cidadanía:

  • Desconectar os regos automáticos dos xardíns cando a previsión meteorolóxica prognostique choivas e non reiniciar eses regos ata varios días despois en función do nivel de precipitacións. Nunca regar nas horas centrais do día.
  • Suspender durante o período de seca os baldeos nas rúas, aínda que isto supoña que a cidade non consiga outra escoba de prata, cousa que indirectamente tamén vai a supoñer un importante aforro económico.
  • Desconectar as fontes ornamentais da cidade. Aínda que algunhas son de ciclo pechado sempre existen perdas de auga por filtración, evaporación ou desprazamento polo vento que se compensan a través da rede. Ademais desconectar esas fontes aporta ante a cidadanía unha imaxe exemplar de coherencia e responsabilidade institucional.
  • Instalar perlizadores e aireadores para uso eficiente da auga en todas as dependencias municipais.
  • Revisar minuciosamente todas as arquetas, canalizacións, fontes e tomas de auga das rúas para detectar e reparar perdas.
  • Redefinir o recibo da auga, de xeito que se incremente expoñencialmente o pago por exceso de consumo.
  • Planificar, e anunciar con tempo, un posible calendario de restrición da auga (modificable en función das circunstancias) aplicado de xeito gradual.
  • Editar un bando municipal anunciando estas medidas propias do Concello e as recomendacións para a cidadanía.

 

"Cando as circunstancias o demandan, as restricións da auga nas vivendas lonxe de ser un drama son unha oportunidade excelente para a concienciación e a educación ambiental da cidadanía si se sabe aproveitar o proceso didácticamente", sinala Antón Lois, vogal de comunicación de Amigos da Terra.

 

Para o conxunto da cidadanía, entre as moitas medidas posibles:

  • Pense (un 70% do seu cerebro e auga) e infórmese. Descubrirá por exemplo que solo o 3% de toda a auga do planeta e auga doce, e que soamente un 1% desa porcentaxe e apta para o uso humano. Menos dun 0´007% da auga do planeta e apta para beber.
  • Sinta (un 80% da súa sangue e auga). Segundo Nacións Unidas, un neno ou nena morre cada 15 segundos por problemas derivados da auga
  • Instale perlizadores aireadores nas billas e duchas. Non notará a diferenza e aforran un 30% de auga.
  • Podemos reutilizar unha gran cantidade da auga que usamos. A auga da ducha pode reutilizarse nos sanitarios, a auga de limpar os vexetais e apta para fregar ou regar.
  • Use con moderación os servizos hixiénicos, se non ten instalados sistemas de dobre descarga na cisterna é unha boa oportunidade para facelo, son baratos e eficientes. O 25% da auga que entra na súa casa se utiliza na cisterna.
  • Ducha (breve) mellor que baño, e peche as billas mentres limpa os dentes.
  • Agarde a ter completamente cargada a lavadora e o lavalouzas antes de conectalos. Cando teña que renovalos escolla sempre os aparatos que acrediten uso eficiente de auga e enerxía.
  • Convértase nun "inspector de fugas". Comprobe o que marca o contador da auga cando vaia a saír de casa ou pola noite, cando teña a garantía de que non se vai a usar auga na súa vivenda. Cando volva a casa comprobe de novo o contador antes de abrir ningunha billa... se aumentou a lectura vostede ten unha fuga de auga. Localice e corrixa esa fuga. Recorde que unha simple pingueira dunha billa son centos de litros de auga que se perden cada ano.
  • Fágase un axente activo na limpeza da auga. Modere o uso de deterxentes e que estes sexan biodegradables, non verta nunca aceites nin produtos químicos contaminantes polos fregadeiros.
  • Evite os usos superfluos da auga: Piscinas, lavado de coches, fontes de xardín etc.

 

Aforrar auga e un xesto solidario con nós (pois as próximas guerras xa non serán polo petróleo senón pola auga), coa vida no planeta (pois é un ben cada vez máis escaso) e con as xeracións futuras.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #2 Antón 03/09/2011 21:01
Ten razón lionel, estes días si que chove, pero o problema se arrastra desde primaveira que e cando os encoros acumulan reservas para o verán e neses meses apenas choveu. Unha boa parte da choiva desta semana a absorve o terreo e non chega a acumularse.
Citar
 
 
0 #1 lionel 03/09/2011 09:28
Non entendo en vigo esta chovendo desde fai unha semana e esta chovendo moito...
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.