|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Venres, 23 Setembro 2011 10:40 |
|
O Congreso aproba as 101 recomendacións entre as que se inclúe que o próximo Goberno elabore unha Lei de Cambio Climático
A comisión mixta do Congreso-Senado para o Estudo do Cambio Climático concluíu o seu traballo coa aprobación dun mandato no que insta ao próximo Goberno a elaborar unha Lei de Cambio Climático. A votación levada a cabo esta semana foi apoiada pola maioría dos grupos parlamentarios.
Unha Lei de Cambio Climático para España baseada no mecanismo de orzamentos de carbono é unha demanda pola que a organización Amigos da Terra leva intensamente traballando os últimos 3 anos a través da súa campaña S.O.S. Clima. Durante este tempo, ademais de introducir esta ferramenta entre a clase política e o sector privado, levou a cabo un forte traballo de sensibilización entre a cidadanía recollendo así ao redor de 15.000 firmas a favor desta lei.
Héctor de Prado, portavoz de Amigos de la Tierra afirma "estar satisfeito ao ver que finalmente empeza a existir vontade política para loitar contra o cambio climático dun modo transversal e planificado. Este acto é un paso adiante para nosa sociedade, e sen dúbida as organizacións da sociedade civil seguiremos presionando durante a próxima lexislatura para asegurarnos que esta Lei, e o resto de medidas, sexan o suficientemente ambiciosas para planificar unha sociedade e unha economía libre de carbono".
Respecto da reacción do PP, contraria a estas propostas debido á actual situación económica do país, engade de Prado que "unha acción forte e efectiva contra o cambio climático, baseada na ciencia, é esencial para un crecemento económico a longo prazo, para crear empregos e coller vantaxe competitiva. É algo que algunhas empresas xa entenderon e empezan a promover. Agora que a Administración está disposta a acometer este reto, estamos máis preto de cambiar esta situación."
|