Portada NOVAS Ecos pola xustiza climática
Ecos pola xustiza climática
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 03 Novembro 2011 19:12
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

xustiza_climatica

Amigos de la Tierra esixe un acordo xusto no cume do clima

 

A menos dun mes para que comece o Cume de Cambio Climático en Durban, Sudáfrica, Amigos de la Tierra lanza a súa campaña "Ecos pola xustiza climática". Así decenas de persoas de América Latina, África, Asia e Europa fixéronse ouvir gravando un breve vídeo, onde explican como lles está afectando o cambio climático nas súas comunidades.

 

A COP 17 comezará o 27 de novembro e debe representar unha nova oportunidade para lograr un compromiso internacional que poña freo ao quecemento global. Pero para alcanzar un acordo xusto, ambicioso e legalmente vinculante que contemple e enfronte os efectos máis graves do cambio climático os líderes políticos deben escoitar as voces do Sur Global.

 

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

 

Amigos de la Tierra xunto a centos de organizacións da sociedade civil promove o movemento de Xustiza Climática. Con este fin, Amigos de la Tierra Internacional recompilou as voces da cidadanía africana, asiática, americana e europea, que narran as súas experiencias persoais dentro das súas comunidades, dando a coñecer os efectos do cambio climático sobre as súas formas de vida. A ONG dará eco pola xustiza climática cada semana, representando a cada continente, para dotar de voz e forza á mensaxe da cidadanía global por un acordo construído sobre a Xustiza Climática.

 

Os principais afectados polos desastres naturais, desde inundacións a secas, son as persoas dos países empobrecidos ou sen acceso a recursos nos países industrializados, o Sur Global. Con todo as únicas partes que parecen ser escoitadas nos cumes de cambio climático de Nacións Unidas son a contaminación, o consumo de recursos e os negocios. Os Gobernos parecen supeditados aos intereses comerciais das empresas transnacionales, en lugar de velar polo benestar da cidadanía, que cada vez se ve máis silenciada e atropelada polos intereses económicos dunha minoría.

 

A verdadeira presión ha de chegar da sociedade civil. Para isto é necesario dar eco e facernos ouvir pola xustiza climática a través de todos os medios ao noso alcance.

 

Amigos de la Tierra esixe aos responsables políticos:

 

- A adopción dun segundo período de compromiso do Protocolo de Kioto para os países do Anexo I.

- Un 40% de redución de emisións de CO2 interna respecto de 1990, como países causantes da crise climática.

- Un fondo de financiamento de polo menos 200.000 millóns para os países empobrecidos.

- Rexeitamento aos novos mecanismos de mercado de carbono, por tratarse de falsas solucións que permiten evitar a redución de CO2.

- Rexeitamento ao mecanismo de Redución de emisións pola deforestación e a degradación (REDD), tal e como está exposto, xa que fomenta o acaparamiento de terras e non respecta os dereitos das comunidades locais.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.