| CAMPAÑA “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore” 2009 |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 16 Marzo 2009 13:19 |
![]() A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo, conxuntamente con Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia organizan a segunda edición en Vigo da campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore”, promovendo deste xeito a participación nesta campaña dos Voluntarios e Voluntarias da cidade. Esta iniciativa xurdiu motivada por dúas grandes preocupacións que vivimos na actualidade: a necesidade de sangue para a realización de transfusións en intervencións cirúrxicas (unhas 500 ó día, sobre todo no Nadal, as pontes e os meses de verán), e a desaparición dos bosques galegos motivada entre outras cousas polos incendios forestais e a perda de biodiversidade. A campaña lévase a cabo nunha unidade móbil polo que favorece a colaboración de todas as persoas que desexen facer a doazón. A unidade móbil colocarase nun lugar diferente da cidade cada día, en horario de 9.30 a 14.30 y de 15.30 a 21.00 horas. · LUNS, 16 DE MARZO Rúa do Príncipe (cruce con Urzaiz, xunto a farola) · MARTES 17 DE MARZO Rúa Urzaiz, 207 (diante de Caixa Nova do Calvario) · MÉRCORES 18 DE MARZO Praza das Travesas (rúa Castelao esquina rúa Coruña) Posteriormente, en nome de todos os doantes realizarase unha plantación colectiva en bosques afectados polos incendios ou nos que sexa necesaria a súa reforestación. Esta plantación realizarase o día 25 de marzo en dous parques forestais, conxuntamente entre os voluntarios e voluntarias ambientais e un centro de ensino, implicando desta forma aos mais cativos no proxecto. ![]() O traballo das voluntarias e voluntarios consistirá no acompañamento da unidade móbil do CTG nas distintas zonas da cidade (Príncipe, Calvario e As Travesas) e a animación ás persoas que pasan pola rúa a facer a doazón. Repartirase información sobre as doazóns e as distintas entidades que participan na campaña. Na fase de plantación as voluntarias e voluntarios acompañarán aos nenos e nenas que a realizarán e axudarán nas tarefas da plantación. Na pasada edición acadáronse case que 100 doazóns diarias, e plantáronse 250 árbores en distintas zonas da cidade. |






