Portada NOVAS "Imos plantar árbores para alimentar o bosque"
"Imos plantar árbores para alimentar o bosque"
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 24 Marzo 2009 10:42
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
Coa finalidade de conmemorar o Día Forestal Mundial, Amigos da Terra realizará esta semana as plantacións das árbores autóctonas correspondentes ás campañas:“ Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore” levadas a cabo en Ourense e Vigo.

Hoxe, día 24, ás 12 horas, terá lugar no concello de Vilar de Barrio a primeira delas. Neste caso, voluntarias/os de Amigos da Terra en colaboración con alumnas/os do CEIP deste concello, realizarán a plantación de árbores froiteiras correspondente á campaña de doazón de sangue do pasado verán en Ourense, na zona das Piscinas Públicas desta localidade. Así mesmo, as/os voluntarias/os regalarán exemplares a todas as persoas que se acheguen e queiran plantar unha árbore eles mesmos no seu xardín ou finca.

Por outra banda,mañá mércores, realizarase a plantación da campaña de doazón que se levou a cabo en Vigo a pasada semana e na que se acadaron en torno a 250 doazóns de sangue en tres días. Nesta ocasión, voluntarias/os de Amigos da Terra, da Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo e  alumnos do CEIP Igrexa de Candeán, serán os encargados de realizar parte da plantación das árbores autóctonas en dous parques forestais da zona, o Monte do Vixiador e San Miguel de Oia, implicando deste xeito aos máis pequenos no coidado do seu entorno. O resto de árbores plantaranse en outras zonas afectadas polos incendios forestais ou afectadas por especies foráneas, como son o eucalipto e a mimosa.


A necesidade de coidar dos nosos bosques

Con este tipo de iniciativas preténdese recordar e sensibilizar á poboación da necesidade de manter e incrementar as superficies arboradas e de protexer a natureza.

A pesar do importantes que son as árbores para nós, non sempre as protexemos como deberíamos, xa que, a metade dos bosques mundiais desapareceron, as áreas forestais con maior biodiversidade están en perigo e os incendios forestais arrasan  cada ano miles de hectáreas na nosa comunidade. Por todo isto, a xestión sostible dos bosques debe pasar das intencións aos feitos canto antes.
 
  Fonte: Stuart Franklin


Os bosques provennos de bens e tamén realizan servizos fundamentais para a vida, contribuíndo a asegurar a alimentación, a auga e o aire limpo a través da mitigación das emisións de gases con efecto invernadoiro, a liberación de osíxeno á atmosfera, protección de recursos hídricos, conservación da biodiversidade, regulación do clima, beleza escénica, mitigación dos impactos de desastres asociados con fenómenos naturais, etc...

Existen polo tanto, razóns de sobra para que nos interesemos pola conservación dos nosos bosques e é importante que esa preocupación non se limite a actos simbólicos unha vez ao ano, senón que a protección e o coidado dos bosques debe ser unha constante do noso día a día.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.