Portada NOVAS A demanda europea de aceite de palma provoca deforestación e acaparamento de terras
A demanda europea de aceite de palma provoca deforestación e acaparamento de terras
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 16 Marzo 2010 16:27
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Aceite_Palma

 

Un novo informe demostra a expansión ilegal do principal produtor de aceite de palma "sostible".

 

 

Un dos principais provedores de Europa de aceite de palma "sostible" está a protagonizar unha autentica invasión dos bosques e turbeiras (un tipo de braña onde se acumula materia orgánica) en Indonesia, segundo un informe publicado hoxe por Amigos de la Tierra. O informe expón as actividades ilegais da empresa malaia a través da que opera o Grupo IOI e demostra que o incremento da demanda europea de aceite de palma para alimentación e agrocombustibles está a provocar deforestación, incumprimentos na lexislación ambiental e conflitos pola terra en Asia.

 

Estes datos mostran a gravidade da proposta por parte da Comisión Europea de definir as plantacións de aceite de palma como "bosques" no seu borrador de guía para que os estados membros preveñan o uso dos agrocombustibles menos sostibles, e do debate sobre o uso de esquemas de certificación promovidos pola industria para conseguir os estándares marcados pola UE.

 

Alejandro González, responsable da área de Cambio Climático e Enerxía de Amigos de la Tierra, afirmou que "a deforestación ilegal, o acaparamento de terras e o incumprimento da lexislación ambiental son a realidade que esconde o uso de aceite de palma en Europa. Os obxectivos obrigatorios de introdución de agrocombustibles e a obsesión polo consumo de aceite de palma están a provocar esta destrución, e empresas como o Grupo IOI, que se promoven como sostibles e responsables, antepoñen os seus beneficios ao benestar da xente e do planeta, sacrificando bosques para traer combustibles e alimento a Europa. "

 

Segundo a ONU, a vertixinosa expansión das plantacións de aceite de palma é a principal causa da perda irreversible de selva en Indonesia.

 

A investigación de Amigos de la Tierra saca á luz as actividades do grupo IOI en Malaisia. O IOI é a maior multinacional de aceite de palma e un dos impulsores da súa certificación "sostible". O estudo demostra que o grupo é culpable da deforestación ilegal, a invasión de zonas de turbeira protexidas e do espolio de terras de comunidades locais dedicadas ao cultivo do arroz na provincia de Kalimantan en Indonesia.


Á súa vez, o grupo IOI é cofundador da Mesa Redonda para o Aceite de Palma Sostible e líder do Consello Malaio de Aceite de Palma, un dos maiores grupos de presión política para promover o uso deste aceite como agrocombustible na UE. En Europa, impórtase o aceite de palma a través de Holanda onde a multinacional conta con varias instalacións, figurando entre os seus compradores a multinacional alimentaria Unilever.

 

Branca G. Alourado da área de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra engadiu que "ao intentar redefinir as plantacións industriais de palma como bosques, se busca lexitimar a súa destrución para producir agrocombustibles. As emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas da deforestación farán que os obxectivos de uso de agrocombustibles na UE agraven o cambio climático en vez de mitigalo. Hai que evitar o uso do aceite de palma para agrocombustibles".

 

Notas:

Informe "Too Green to be True"

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.