| A Campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore” pecha cun total de 236 doazóns |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 22 Xullo 2010 08:01 |
|
A Campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore”, organizada conxuntamente por Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia (CTG) e Voz Natura na cidade de Ourense, rematou cun total de 236 doazóns, das que o 7% (17 doazóns) se correspondían con cidadáns que efectuaban a súa primeira doazón de sangue.
A campaña desenvolveuse dende o venres 9 ata o 16 de xullo, en seis lugares diferentes da cidade, onde as voluntarias e voluntarios informaron aos cidadáns da necesidade das doazóns de sangue, ao mesmo tempo que se sensibilizaba coa necesidade da repoboación dos nosos bosques. Con esta campaña conseguimos que 236 novas árbores autóctonas serán plantadas no vindeiro outono.
A resposta das persoas nesta edición na nosa cidade foi un 5% menor que no ano pasado, tanto na participación dos doadores habituais como na incorporación de novos doadores.
Esta iniciativa desenvolvíase por decimo ano consecutivo na cidade de Ourense e os resultados colectados falan dunha boa resposta dos veciños e veciñas de Ourense xa que grazas as 236 doazóns recollidas será posible, por exemplo, realizar 113 intervencións cirúrxicas ou seis transplantes de fígado.
Amigos da Terra e o CTG queren amosar o seu agradecemento pola súa labor solidaria a todas as persoas voluntarias que colaboraron na campaña, así coma tamén aos cidadáns pola súa participación nas campañas de doazón ao longo do presente ano.
|







