Portada NOVAS Unha consecuencia máis dos lumes
Unha consecuencia máis dos lumes
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 13 Agosto 2010 13:37
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

incendio_forestal

 

Amigos da Terra, coma entidade membro do Consello Forestal de Galicia, quere expresar as súas condolencias ás familias dos membros das brigadas antiincendios falecidos onte no lume de Fornelos de Montes, en Pontevedra.

 

Así mesmo, queremos amosar a nosa solidariedade co resto da gran familia de traballadores, brigadistas, axentes forestais, emisoristas, persoal de medios aéreos, vixiantes, voluntariado, etc., que tódolos anos xóganse a vida na campaña de defensa contra incendios.

 

Dende Amigos da Terra insistimos na necesidade de que Administración reflexione sobre obsoleta e ineficaz política contra incendios que se leva a cabo en Galicia dende fai décadas. Unha política na que cada ano se inviste máis orzamento en plans de extinción, deixando unha porcentaxe mínima para as medidas de prevención, fundamentais e primeiro paso para evitar os lumes.

 

Para a nosa organización é necesario que a Xunta de Galicia leve a cabo dentro do sector forestal unha política consensuada con tódolos axentes implicados (políticos, sindicatos, asociacións ambientais e o conxunto da sociedade), co obxectivo de rematar coa problemática dos incendios forestais que ano tras ano asolan a nosa comunidade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.