Portada NOVAS Amigos da Terra presenta a operación "Árbore de Nadal"
Amigos da Terra presenta a operación "Árbore de Nadal"
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 22 Decembro 2010 15:21
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

plantacion

Mañá, 23 de decembro, ás 17.00 horas, Amigos da Terra levará a cabo a plantación simbólica dun acivro, especie autóctona e en perigo de extinción, no Parque do Castro de Vigo. O obxectivo desta iniciativa é reivindicar o verdadeiro sentido do Nadal, que é o nacemento e a vida, por iso, en vez de levarnos a árbore a casa e que morra, plantarase neste parque.

 

Para Amigos da Terra e con independencia das crenzas relixiosas e culturais de cada persoa e de cada país,  as datas de Nadal representan e simbolizan universalmente a celebración da continuidade da vida. Non obstante, para a asociación é unha terrible contradición que o símbolo universal desta celebración da continuidade da vida sexa precisamente cortar unha árbore ou como mínimo torturala meténdoa nunha maceta nas nosas casas.


A iniciativa da prantación non é nova, de feito, algúns membros da asociación levan anos realizándoa. Non obstante, este ano, Amigos da Terra quixo ampliar esta idea a toda a rede internacional de Amigos da Terra/Friends of the Earth e aos colectivos e persoas amigas, acadando que a plantación se realice ao mesmo tempo nos cinco continentes.


A intención da asociación é conseguir que este xesto non se quede nunha actividade illada, e que o ano que ven, moitas máis cidades e vilas de todo o mundo se sumen a iniciativa, logrando o nacemento dun movemento mundial, que se converta nunha tradición ano tras ano.


Esperámosvos en Vigo!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.