Portada NOVAS Unha segunda oportunidade para as árbores de Nadal
Unha segunda oportunidade para as árbores de Nadal
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 05 Xaneiro 2011 17:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

arbolcontenedor

Amigos da Terra recollerá e replantará nun parque forestal da comunidade galega, as árbores de Nadal daqueles vigueses interesados en que estas non morran. Os cidadáns unicamente terán que entregar a súa árbore no local de Amigos da Terra- Agareso en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, n º 17 1º D).


As festas do Nadal chegaron practicamente ao seu fin e son miles as árbores que tras adornar as nosas casas, son abandonadas no primeiro colector á súa sorte. Moitas persoas utilízanas como artigos de usar e tirar, sen pensar que se trata de seres vivos, que podemos transplantar dándolle unha segunda oportunidade para vivir.

 

A maioría destas árbores, polas condicións nas que pasaron a tempada do Nadal (terróns coas raíces amputadas, calefacción excesiva, falta de rego, pouca luz solar, adornos e luces excesivas, etc.) teñen moi poucas posibilidades de sobrevivir, pero aínda así, hai algúns que son recuperables.

 


Ademais, e aínda que en xeral se trata de especies foráneas, que polo seu carácter exótico non deberían introducirse nos nosos ecosistemas nin usarse en repoboacións, dende  Amigos da Terra comprometémonos a replantar estes exemplares nun parque forestal da comunidade.

 


Este espectáculo de contemplar as árbores tiradas no lixo resulta especialmente lamentable neste ano 2011, declarado por Nacións Unidas Ano Internacional dos Bosques, e co que se pretende concienciar á sociedade da alarmante desaparición que sofren as masas forestais de todo o mundo, imprescindibles para a continuidade da vida no planeta, e frear a seu deterioro ou a súa substitución por monocultivos. Non debemos esquecer que cada ano desaparecen máis de 13 millóns de hectáreas de bosques en todo o mundo, unha superficie equivalente á cuarta parte da Península Ibérica, e que a desaparición deses bosques incide directamente na aceleración do cambio climático.

 

Aqueles cidadáns interesados en dar unha segunda oportunidade ás súas árbores poderán entregala a vindeira semana no local da asociación, de 9.00 a 13.30 horas.

 

E para o vindeiro Nadal, Amigos da Terra invita a todas as persoas a que planten unha árbore autóctona, en lugar de sacrificar unha especie exótica.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.