Portada NOVAS Amigos da Terra denuncia a tala sistemática de árbores en Vigo
Amigos da Terra denuncia a tala sistemática de árbores en Vigo
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 28 Xaneiro 2011 10:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

talaarbores

En maio de 1994, o Concello de Vigo elaborou a súa propia normativa de protección medioambiental, que no seu apartado VI, artigos 11 e 12, establece que as árbores deben ser prioritariamente transplantadas, salvo caso de forza maior por enfermidade das mesmas. Sen embargo, as árbores que se están tallando na Rúa Martínez Garrido non teñen síntoma algún de deterioro que xustifique a súa tala, polo que o Concello de Vigo incumpre as súas propias normas de protección ambiental.

 

Como ditas normas contemplan o correspondente procedemento sancionador, dende Amigos da Terra confiamos en que, aínda que o procedemento parece bastante surrealista, o Concello de Vigo deberá denunciar ao Concello de Vigo e impoñerlle a correspondente multa.

 

Este proceso de tala inxustificada de árbores de gran porte, froito dunha mala planificación do arborado urbano, comeza a ser tan frecuente como especialmente grave, nunha cidade que mantén unha das maiores taxas de contaminación atmosférica e acústica de Galicia, unhas taxas que ditas árbores contribúen decisivamente a mitigar.

 

Ademais, nestes intres, noutras zonas como Areal ou Guixar, nas que tamén se están levando a cabo obras, outras árbores de gran porte están sendo ameazadas.

 

De ser certo o que aparece nos medios, nos que se argumenta que “os veciños e veciñas da zona de Martínez Garrido  séntense molestos por esas árbores”, se evidenciaría tamén a preocupante carencia de educación ambiental dunha parte importante da cidadanía viguesa.


Fonte imaxe: La Voz de Galicia


Ordenanzas municipais de protección do medio ambiente do Concello de Vigo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.