Portada NOVAS Amigos da Terra invita á cidadanía a converterse en "ecovixías" das árbores urbanas
Amigos da Terra invita á cidadanía a converterse en "ecovixías" das árbores urbanas
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 07 Febreiro 2011 09:18
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

talaarbores

 

Para Amigos da Terra as explicacións dadas polo Concello de Vigo, xustificando a tala de árbores en distintas zonas da cidade ás peticións dos veciños, debido ás canalizacións presuntamente danadas polas raíces e ao levantamento de tramos de beirarrúas, non son moi cribles. Cantos veciños exactamente piden que se corten as árbores?.

 

Resulta pouco verosímil que un Concello que leva gastados millóns de euros en "humanizacións" levantando todas as beirarrúas da cidade non sexa capaz de solucionar un problema tan sinxelo. Paralelamente, dende Amigos da Terra recomendamos á oposición municipal que antes de utilizar esta situación como ariete político faga un "repasiño" das hemerotecas, analizando os seus anteriores mandatos que non se caracterizaron en absoluto polo respecto ás árbores urbanas. 

 

Lamentablemente, estes e outros problemas ambientais maiores, prodúcense simultaneamente en moitos lugares, e a capacidade de resposta de Amigos da Terra e os medios para facerlle fronte como grupo ecoloxista son limitados. Ademais, noutras ocasións, as denuncias chegan cando xa é demasiado tarde para evitar os danos. Por todo isto, dende Amigos da Terra animamos aos vigueses e viguesas a converterse en "ecovixías" en defensa das nosas sufridas árbores urbanas.

 

Todas aquelas persoas que contemplen a tala de arborado urbano sen un motivo aparentemente xustificado, ou coñezan proxectos de talas no futuro, poden poñerse en contacto coa asociación a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o lugar exacto e a data da tala, ou do proxecto desta, e se poden achegar algunha fotografía moito mellor.

 

Amigos da Terra comprobará a veracidade da información e a través do seu departamento xurídico cursará a correspondente denuncia, en primeira instancia ao propio Concello de Vigo de acordo co establecido na ordenanzas municipais de protección do medio ambiente.

 

Estamos seguros de que o Concello de Vigo, tan sensible ante a problemática ambiental, agradecerá e apoiará esta iniciativa destinada a fomentar a implicación e a participación directa da cidadanía na mellora do medio ambiente da cidade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.