| Queimas de ecosistemas forestais e patrimonio para evitar incendios forestais? |
| Escrito por Montse Valencia |
| Martes, 15 Febreiro 2011 11:06 |
|
En Galicia prodúcese un abuso no uso do lume para eliminar vexetación. Si é pouco admisible o seu uso por falla de información-formación por unha pequena parte da cidadanía o que resulta un sin sentido é o seu uso e abuso por parte de organismos oficiais.
A queima do Monte Farria nas aldeas de Abeleda, Padroso, Poedo e A Farria dos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía é demostración da falla dunha politíca forestal axeitada da Xunta de Galicia. No devandito monte con afloramentos graníticos, fortes pendentes, vexetación en regresión por queimas continuas, problemas de erosión, con especies de fauna protexidas...recentemente a empresa pública da Xunta de Galicia SEAGA queimou preto de 100 hectáreas agravando a perda de biodiversidade dun ecosistema forestal xa altamente degradado.
Mais non só se queimou un ecosistema forestal, nesta actuación incluso se chegou a queimar preto de 500 metros de todo o que había ao redor do treito da Vía da Prata que comunica a aldea de Padroso coa aldea de Cima de Vila (treito de alto valor paisaxístico e patrimonial) que enlaza o Val da Limia co Val do Arnoia. É bo lembrar que os Camiños de Santiago están protexidos por Lei e o seu coidado e protección debe de ser prioridade tanto das Administracións públicas como dos cidadáns.
Facendo un seguimento, nos últimos anos, das zonas onde se realizan as queimas “controladas oficiais” curiosamente é onde no verán, hai unha maior incidencia de incendios tanto en número como en superficie afectada, o cal demostra que se deben buscar alternativas ao uso do lume. Reiteradamente dende Amigos da Terra temos realizada a queixa polo uso e abuso das queimas controladas, consideramos que hai alternativas e son horas de polas en práctica.
Para atopar solucións aos problemas e buscar alternativas á problemática incendiaria seguimos considerando e apostando porque se estableza unha “Mesa de Traballo sobre Incendios Forestais” dentro do Consello Forestal.
Dende Amigos da Terra consideramos que as chamadas “queimas controladas” ou “lume prescrito” son prácticas que atentan contra o conxunto do noso patrimonio natural, afectan moi negativamente a biodiversidade, contribúen ao cambio climático, a contaminación atmosférica; a degradación dos solos nunhas zonas, xa de por sí, en moitos dos casos con graves problemas de erosión…
Consideramos, e así o temos manifestado individualmente e de forma colectiva, en documentos con outras organizacións ambientalistas e en coincidencia con organismos tanto estatais, europeos como mundiais, que é preciso buscar alternativas ao uso tradicional do lume naquelas zonas onde aínda é unha práctica habitual. Por sorte hoxe hai alternativas técnicas, materiais, económicas e humanas para integrar o manexo silvopastoral e cinexético do monte nunha política forestal sustentable eliminando de raíz as “queimas” que tanto dano teñen producido aos nosos ecosistemas forestais e incluso a perda de vidas humanas.
Desde Amigos da Terra lembramos e así llo fixemos chegar ao Conselleiro do Medio Rural que:
|





