Portada NOVAS Xornada divulgativa: O monte como fonte sostible de recursos
Xornada divulgativa: O monte como fonte sostible de recursos
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 25 Febreiro 2011 10:35
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

pasos_canadienses_y_cierre_

Amigos da Terra levará a cabo este próximo domingo, 27 de febreiro, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, unha xornada divulgativa sobre o monte como fonte sostible de recursos, dirixida a propietarios e xestores de comunicades de montes, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural e o público en xeral.

 

Entre os principais obxectivos da mesma, destacan promover a reflexión crítica sobre os usos actuais do monte, concienciando da importancia do monte na nosa vida cotiá, así como valorar a transcendencia do seu coidado para mellorar a calidade de vida como ben ambiental, social e económico.

 

Nesta xornada, ofreceremos tamén ferramentas, experiencias de proxectos sostibles e vías de comunicación e formación para os axentes implicados.

 

Así mesmo, durante a mesma, está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos, editada pola Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.

 

Esta guía, foi elaborada en colaboración co Grupo de Investigación Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, aportando consellos ás Comunidades, logo da resolución a finais do pasado ano do concurso eólico, polo que se adxudicaron en Galicia 2.325 megavatios.

 

Para Amigos da Terra, a falta de coñecementos, o abandono dos terreos e incluso unha comunicación pouco clara enmascarada baixo palabras como “innovación” e “tecnoloxía verde”, poden estar prexudicando os intereses dos propietarios/as e danando irreparablemente un ben común como é, o medio natural.

 

A xornada é gratuíta.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+2 #1 nautile 25/02/2011 19:39
Paréce-me umha iniciativa excelente!!!

Se algumha matéria pendente temos os galegos e as galegas é dar resposta a: Que queremos fazer com o rural galego? ...e por extensom: Que queremos fazer com o monte galego?
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.