Portada NOVAS Día Mundial da Auga: en defensa da nova cultura da auga
Día Mundial da Auga: en defensa da nova cultura da auga
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 22 Marzo 2011 09:38
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

dia_mudial_agua

Co gallo do Día Mundial da Auga, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Adega, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Sociedade Galega de Historia Natural(SGHN) e Verdegaia presentan un manifesto na procura dunha mudanza radical no xeito de entender a cidadanía e o conxunto das Administracións Públicas o uso deste elemento vital para a vida.

 

O xeito de xestionar a súa demanda tanto na faceta extractiva como de depuración reverterá na calidade do noso ecosistema e na sustentabilidade da nosa sociedade. É imprescindible acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, á vez que se garanta a xestión pública e o acceso colectivo a un auga de calidade.

 

A auga cumpre unha función ambiental e social básica, e como tal, é un ben público, polo que a súa xestión débese manter neste ámbito, fuxindo de procesos de privatización ou especulación.

 

O manifesto demanda, entre outras medidas, a declaración da inalienabilidade da auga como ben público e colectivo, o establecemento de iniciativas fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, que incentiven o aforro e penalicen o desbaldimento, sempre dende a perspectiva da equidade e a xustiza social. Tamén pedimos prohibir a construción de máis centrais hidroeléctricas impedindo tamén os transvases entre bacías, deslindar o dominio público hidráulico e defendelo fronte á súa apropiación para usos privados, establecer e facer cumprir os réximes de caudais ecolóxicos en todos os ríos e o desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá para que os principios e os preceptos da Nova Cultura da Auga sexan asumidos e interiorizados pola nosa sociedade.

 

Aquí podedes ler o manifesto

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.