| Nova edición da campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore" |
| Escrito por Montse Fernández |
| Mércores, 13 Xullo 2011 10:10 |
|
Un ano máis, Amigos da Terra en colaboración co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura organiza na cidade de Ourense a campaña: "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore", que na edición do pasado 2010, acadou unha participación de 236 persoas.
A iniciativa terá lugar entre os días 15 e 22 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.
Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.
Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.
As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia distribuiranse do seguinte xeito:
VENRES 15 DE XULLO: Bº ESTACIÓN, U.móbil diante da farmacia, R/Eulogio Gómez Franqueira, das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas. LUNS 18 DE XULLO: Bº A CARBALLEIRA, U.móbil NA RÚA Nicomedes Pastor Díaz, das 9.30 ás 14.30 e 15.30 ás 21.00 horas. MARTES 19 DE XULLO: RUA DO PASEO, U.móbil no Paseo 37 (preto da "Ibense") das 09.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas. MÉRCORES 20 DE XULLO: Bº O COUTO, U.móbil na Rúa Vila Real ao carón do Colexio Santo Anxo das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas. XOVES 21 DE XULLO: Bº O POSIO, na Rúa Coruña, esquina coa Rúa do Progreso, das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas. VENRES 22 DE XULLO: PRAZA DA MARIÑA, U.móbil na Prz.da Mariña (avd.Santiago nº50), das 9.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.
Se queres participar como voluntario/a na campaña ponte en contacto con Amigos da Terra no 988374318 ou no correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |






Comentarios
chotacabras!!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.