Portada NOVAS Amigos de la Tierra denuncia o intento de lavado verde da compañía aérea Lufthansa
Amigos de la Tierra denuncia o intento de lavado verde da compañía aérea Lufthansa
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 15 Xullo 2011 11:52
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

avion-contaminante

Lufthansa lanzou hoxe o seu controvertido primeiro voo impulsado por agrocombustibles no medio das protestas dos grupos ecoloxistas. O uso de agrocombustibles en avións permite á compañía manter unha cortina de fume e lavar a súa imaxe para facilitar os plans de expansión da aeroliña e desviar a atención da necesidade real de limitar o transporte aéreo para combater o cambio climático.

 

Cunha axuda de 2,5 millóns de euros dos contribuíntes alemáns, o voo de Lufthansa é o primeiro de 1.200 voos entre Hamburgo e Frankfurt, que están situadas a 4 horas de tren. Tanto Lufthansacoma o seu subministrador de combustible Neste Oil negáronse a revelar a orixe e o tipo de combustible utilizado no voo. Por outro lado Lufthansa afirmou que está a intentar conseguir "todos os froitos de jatrofa no mercado" para a futura subministración de agrocombustibles. A expansión destes cultivos foi responsable dos acaparamentos de terra e os desaloxos forzosos das comunidades locais en países como a India ou Mozambique. Para cumprir cos seus plans de uso de agrocombustibles para 2025, a compañía estima un uso de 4 millóns de hectáreas, o 35% da superficie cultivable de Alemaña.

 

Alejandro González, responsable da área de cambio climático e enerxía de Amigos de la Tierra, opina que "Lufthansa se está a maquillar de verde cos agrocombustibles, que son de todo menos beneficiosos para o medio. Os combustibles de orixe agrícola, empeoran a situación de pobreza e fame, incrementan o prezo dos alimentos e impulsan procesos de deforestación e ademais contribúen ás emisións de gases de efecto invernadoiro. Non podemos cualificar estes voos de verdes".

 

O mes pasado dez organizacións internacionais como o Banco Mundial, a OMC, Nacións Unidas ou a OCDE pediron aos gobernos do G20 o fin dos subsidios aos agrocombustibles e os obxectivos obrigatorios, debido ao seu impacto sobre os prezos dos alimentos e a pobreza a nivel global. Pola súa banda Lufthansa espera lograr o respaldo ás súas afirmacións sobre a sostibilidade dos voos, a través de sistemas de certificación como a Mesa Redonda sobre os Biocombustibles Sostibles, que son manexados pola industria, dubidosos e confusos para a opinión pública. Almuth Ernsting, de Biofuelwatch, engadiu que "por exemplo, Neste Oil á súa vez comprou agrocombustibles certificados como sostibles en Malaisia producidos en terras apropiadas ilegalmente e deforestados".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.