| Participa no Voluntariado Ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 19 Xullo 2011 09:18 |
|
Amigos da Terra convídavos a participar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, a través do programa "Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais". Este programa, é un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural, en Lóuzara-Samos e na Serra de San Mamede.
O obxectivo principal do mesmo é sensibilizar e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar os nosos bosques.
Este ano, prodúcese ademais a concorrencia de dous grandes feitos; por un lado, o ano 2011 foi declarado polo Consello Europeo "Ano Europeo das Actividades de Voluntariado que Fomenten unha Cidadanía Activa" e, por outro, o 20 de decembro de 2006 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou 2011 como "Ano Internacional dos Bosques", invitando aos gobernos, ONG, sector privado e a todas as organizacións e cidadáns a facer esforzos concertados para concienciar e fortalecer en todos os niveis a conservación e o aproveitamento sustentable dos ecosistemas forestais en beneficio das xeracións actuais e futuras.
Actividades a desenvolver:
Datas e número de participantes na Serra de San Mamede:
O programa inclúe: 1. Aloxamento e pensión completa no albergue. 2. Programa de actividades e monitores. 3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil. O desprazamento ata o albergue será por conta dos/das participantes.
Condicións xerais:
Información e inscricións: Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario que aparece na web www.voluntariadogalego.org |





