Portada NOVAS "Doa sangue e planta unha árbore" acada 216 doazóns en Ourense
"Doa sangue e planta unha árbore" acada 216 doazóns en Ourense
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 26 Xullo 2011 12:43
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

doasangue2011_b

A Campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore", organizada conxuntamente por Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia (CTG) en Ourense, rematou cun total de 216 doazóns, das que o 9% (19 doazóns) se correspondían con cidadáns que efectuaban a súa primeira doazón de sangue. O que significa que 216 novas árbores autóctonas serán plantadas no mes de febreiro, formando parte da biodiversidade galega e contribuíndo así a fixación de solo e a absorción de CO2 da atmosfera.

 

A campaña desenvolveuse dende o venres 15 ata o 22 de xullo en seis lugares diferentes da cidade, onde as voluntarias e voluntarios informaron aos cidadáns da necesidade das doazóns de sangue, ao mesmo tempo que se sensibilizou coa necesidade da repoboación dos nosos bosques.

 

doasangue2011

 

Labor de concienciación


Cada día en Galicia son necesarias 500 doazóns de sangue para que os nosos hospitais podan realizar unha media de 500 intervencións cirúrxicas, atender máis de 3.000 urxencias e realizar tres transplantes de órganos ou tecidos.

 

Esta actividade, se traduce nunha mellor calidade de vida para todos os cidadáns, pero para iso tamén resulta necesario preservar en óptimas condicións o noso entorno natural, polo que debemos participar e promover actividades destinadas a crear unha conciencia proclive á conservación do noso medio ambiente.

 

O Centro de Transfusión de Galicia e Amigos da Terra queren amosar o seu agradecemento ás persoas que participaron nesta iniciativa que se leva a cabo dende o ano 2000 e que fomenta a conciencia solidaria dos cidadáns, así como tamén ás diferentes institucións, organizacións, colectivos sociais e medios de comunicación que colaboran no desenvolvemento de iniciativas destinadas a promover este xesto solidario.

 

Aquí tedes o vídeo que saíu sobre a campaña no programa "A Revista" da TVG.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+2 #2 Sursoñador 29/07/2011 09:07
Unha iniciativa moi boa, na que se potencia as solidaridades, entre persoas e co medioambente.

Un abrazo especial a Dorrio e os voluntarios que estiveron a pé de bus facendo esto posible e a miña noravoa.
Citar
 
 
+1 #1 Totó 26/07/2011 20:27
NORABOA a toda a xente que fai posible esta acción tan dobremene solidaria!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.