Portada NOVAS XOGANDO con LUME
XOGANDO con LUME
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 12 Agosto 2011 17:50
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 Incendio_Morrazo__4_copy

O día 13 de agosto de 2011 é o aniversario do falecemento de Julio Martínez da Silva e de Rodrigo Amo González, brigadistas dos servizos de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia que perderon a súa vida cando traballaban na extinción dun incendio forestal en Fornelos de Montes (Pontevedra).

 

Consideramos dende Amigos da Terra que a mellor lembranza que se pode facer de Rodrigo e Julio, como amantes que eran dos montes, así como de acto de solidariedade coas súas familias, compañeiros e compañeiras e comunicar unha vez máis as graves deficiencias que ten o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia. Un ano despois do falecemento de Julio e Rodrigo nunha actitude de total deixadez, falla de sensibilidade, incompetencia…a situación en canto a prevención de riscos, formación, equipamentos con que dota a Xunta de Galicia aos servizos forestais oficiais é a mesma que nas campañas dos últimos anos, no aprenden dos erros pasados, “¡seguen facendo o mesmo e esperan resultados diferentes!”.

 

O traballo de prevención e extinción de incendios forestais realizase en condicións extremas de temperatura, transporte de ferramentas e equipos pesados por terreos accidentados. Responsabilidade, autoesixencia e unha gran carga emocional crean estres a que se engaden factores como incertidume debido ao perigo do propio traballo de extinción, ao tipo de lume, ao sistema de traballo en quendas, a falla de formación homoxénea, as ordes as veces contraditorias, as situacións de incomunicación por falla de cobertura e de equipamentos do conxunto do operativo.

concentracion_lumes

Particularmente grave é a exposición a fumes e gases, CO2, gases e partículas en suspensión, nun lume forestal pode haber ata 200 compostos orgánicos, algúns deles canceríxenos e mutaxénicos a pequenas doses, niveis elevados de monóxido de carbono todo elo nun ambiente estrano sen o uso de protección respiratoria axeitada, protección nunca facilitada pola Xunta de Galicia.

 

O ruído do propio incendio procedente de diversas fontes (sirenas, bociñas, motores de maquinaria, os propios sistemas de comunicación, turbinas e hélices de medios aéreos…).

 

Os traballos nos servizos forestais teñen como característica principal a estacionalidade da maioría do persoal, na súa meirande parte son contratos temporais para a “tempada de máximo risco”.

 

Un traballo ao marxe da Lei de Prevención de Riscos (Lei 31/1995) e da súa normativa de desenvolvemento, inconcibiblemente despois de máis de 15 anos a Xunta de Galicia sigue sen realizar a avaliación de riscos nos servizos forestais e sigue sen contar co imprescindible Plano de Prevención de Riscos, é obrigatorio para todo o sector produtivo a realización dunha avaliación a fondo dos riscos laborais para concretar as medidas axeitadas en canto a: instalacións, equipos, materiais e medios de protección, determinación de funcións, organización, estrutura, xornada, formación precisa para estas tarefas…Se as Administracións Públicas incumpren o que se lexisla ¿Que se pode esperar?.

 

As medidas para incrementar a seguridade e a eficacia dos profesionais forestais pasa por: a estabilidade no emprego e a profesionalización do conxunto do sector. É preciso levar adiante estudos para saber o mínimo que hai que investir por hectárea forestal para unha boa xestión dos mesmos, saber o ratio do persoal necesario por superficie durante todo o ano e nas épocas de máximo risco para realizar unha política preventiva axeitada evitando e atallando os incendios forestais de forma segura e efectiva.

Incendio_Morrazo__7

Amigos da Terra lembra as demandas realizadas ao longo dos últimos anos para non seguir “xogando con lume”:

 

_ Formación axeitada de tódolos traballadores e traballadoras que se adican as labores de prevención e extinción de incendios forestais.

_ Substitución inmediata dos medios e materiais obsoletos por equipamentos axeitados para mellorar a eficacia, a protección dos ecosistemas forestais e a protección colectiva da cidadanía.

_ Información puntual dos lumes que se producen en Galicia, dos seus efectos, superficies afectadas e dos medios usados para a súa extinción. Temos unha sociedade avanzada a que hai que informar do que acontece, dos atentados contra o noso patrimonio natural fuxindo de sensacionalismos e alarmismos “agochar a realidade non axuda a solucionar o problema”.

A falla de información e o silencio premeditado é un insulto para os traballadores e traballadoras forestais de Galicia e para o conxunto da sociedade, debido a esta estratexia política de desinformación non se valora o traballo que realizan os profesionais que se xogan a súa vida na defensa dos montes e o conxunto da sociedade non se inmuta diante da desfeita medio ambiental, económica e social que supoñen os incendios forestais.

_ Posta en marcha de campañas de educación-sensibilización dirixidas ao conxunto da sociedade, “non se valora o que non se coñece” parte da sociedade vive de costas ao monte e non valora na súa xusta medida o patrimonio natural.

_ Incremento dos investimentos no sector forestal recuperando o imprescindible binomio “prevención-extinción”, rachar co circulo vicioso de “máis incendios, máis medios, máis incendios…” posta en marcha dunha política forestal tendente a evitar que os incendios forestais non se produzan para non ter que apagalos.

_ Rematar coa impunidade con que actúan os incendiarios. A cada un dos lumes forestais (delito recollido no Código Penal) débeselle por nome e apelidos. Investigación das causas dos incendios aproveitando tódolos recursos con que contan as Administracións Públicas mediante a elaboración do correspondente protocolo. En vez de reforzar a investigación a Xunta de Galicia ten desmanteladas a maioría das brigadas de investigación integradas por axentes forestais.

 

Todo o dito anteriormente non se pode acadar se non hai vontade política dos actuais gobernantes. Esiximos a actual Xunta de Galicia, igual que fixemos cos anteriores Gobernos galegos, que diante do enésimo fracaso da política de loita contra os lumes correspóndelle o actual Goberno atopar canles de diálogo e participación para consensuar co resto de partidos políticos e representantes sociais unha política forestal e de prevención-extinción de incendios axeitada.

 

O lume forestal ten que deixar de ser unha ferramenta arroxadiza duns contra outros. Máis de 40 anos de fracasos dos distintos Gobernos e do conxunto da sociedade galega non se pode aturar por máis tempo.

 

Para rematar queremos lembrar, dende Amigos da Terra, que nos últimos 20 anos van máis de 120 traballadores e traballadoras falecidas na extinción de incendios forestais no conxunto do Estado español. Con políticas axeitadas é posible reducir o número de incendios forestais, é posible reducir a siniestralidade e a perda de vidas humanas na loita contra os lumes.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
-1 #1 pakotaecondo 13/08/2011 23:09
esa es la herencia del bipartido...
trabajadores quemandos vivos y ahora quieren volver los que hicieron esto en el gobierno en fornelos, ???? no es falso ecologismo????
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.