Portada NOVAS Ciberactúa: Axuda a deter a destrución do Parque Nacional de Sumava en República Checa
Ciberactúa: Axuda a deter a destrución do Parque Nacional de Sumava en República Checa
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 29 Agosto 2011 13:29
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

talaarbolesrepublicacheca

 

Súmate a Amigos da Terra República Checa para solicitar ao seu goberno que abandone os plans de tallar grandes áreas do que antes eran bosques protexidos ricos en biodiversidade, e onde habitan especies en perigo de extinción.

 

Sumava é o Parque Nacional máis grande de República Checa, e probablemente o máis parecido que ten o país a unha selva virxe. O Parque Nacional comprende máis de 600 quilómetros cadrados de montañas con bosques, turba e outros pantanos, lagos glaciais e pradarías floridas. O parque alberga poboacións de linces, eirugas, perdices negras, bufos Ural e alces europeos. Sumava foi declarado espazo Natura 2000 baixo as Directivas de Aves Silvestres e Hábitat, Reserva da Biosfera da UNESCO, e as súas turbas e bosques figuran na lista do Convenio de Ramsar relativo ás brañas.

 

Non obstante, o novo director do parque nacional,Jan Strasky, propuxo a talla a grande escala dos seus bosques. Isto provocará enormes claros no parque nacional e os fermosos hábitats dos antigos bosques montañosos perderanse.

 

O motivo oficial desta decisión, é que a maioría das árbores que serán talladas "están supostamente infestadas" polo escaravello negro. Non obstante, o escaravello negro é unha especie fundamental na montaña e os bosques, e os procesos naturais deberían estar estritamente protexidos nas partes centrais dos parques nacionais. Os grupos ambientalistas consideran que o escaravello é tan só unha escusa para ceder aos intereses de talla que fan lobby permanente cos políticos para lograr novas concesións.

 

Jan Strasky, o director do parque, ex político e crítico da conservación moderna da natureza dixo: "a natureza é a inimiga e polo tanto debemos loitar contra ela. Se non fose polos nosos antepasados que loitaron contra varios animais eu non estaría hoxe aquí". Tamén anunciou varios proxectos, como a ampliación da ruta cara á fronteira austríaca para apoiar a construción de novos edificios privados, e mesmo o establecemento de novas municipalidades dentro do Parque Nacional.

 

Amigos de la Tierra República Checa e outras organizacións ambientalistas escribiron ás autoridades checas para exhortalas a que deteñan a talla, no que ata agora foron declarados bosques de non intervención (estritamente protexidos). As cartas non tiveron efecto, e a talla continúa. Como consecuencia disto, Amigos da Terra República Checa, Greenpeace, Birdlife e outras organizacións comezaron un bloqueo pacífico da zona. Sumáronselles científicos e membros do público xeral.


talas_arboles_republicachec


Un fallo xudicial finalmente puxo fin ao bloqueo de Amigos de la Tierra República Checa. Non obstante, ao redor de 70 membros do público e outras ONG continúan protestando a pesar da man dura da policía e outros membros dos servizos de seguridade. A forte presenza policial e militar suxire que se trata dunha batalla non só sobre a talla de 3.000 a 6.000 árbores, senón unha manifestación de poder político para devastar o Parque Nacional.

 

Vídeo do bloqueo dos activistas

Fotos das protestas e as tallas

Envía un email ao director do parque nacional e os ministros do goberno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.