| II andaina pola protección da serra do Galiñeiro |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Xoves, 15 Setembro 2011 17:02 |
|
Dende a Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, da que forma parte Amigos da Terra, está convocada a II Andaina pola protección da Serra do Aloia- Galiñeiro, que vai ter lugar o vindeiro domingo 18 de setembro, Saírase dende a Capela do Monte Aloia as 11:00 e ata o Parque Forestal do Galiñeiro Vincios as 15:00 horas, cunha distancia duns 10 km de camiñata e 3-4 horas de duración.
Disporanse de autobuses desde Vigo e Vincios ata a zona de saida, e haberá zonas de aparcamento no Aloia, Vincios e Prado. Ao rematar leerase un manifiesto pola defensa da serra e paraemos para facer un xantar popular.
|





