Portada NOVAS Amigos da Terra declara que o único plan para Manzaneda sería loitar contra o cambio climático
Amigos da Terra declara que o único plan para Manzaneda sería loitar contra o cambio climático
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 16 Xaneiro 2012 10:24
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

neve_artificial

 

Dende Amigos da Terra consideramos que a inversión plantexada para a estación invernal solo prolongará a súa agonía e propómos a rexeneración ecolóxica do contorno e a potenciación do turismo verde non estacional.

 

Apostar por manter, e incluso potenciar un turismo de neve, nunha zona que as previsións climáticas sitúan como "en proceso de mediterranización" non parece unha opción intelixente. Os efectos do cambio climático en Galicia se van evidenciando gradualmente nestes aspectos e, como defendemos sempre os colectivos ecoloxistas, ese cambio climático ten unha dimensión ambiental que se traduce tamén en termos de emprego. Posiblemente falamos da punta do iceberg, (un iceberg que se vai derretendo) que debería servir como aviso da urxencia para implementar medidas decididas para mitigar o cambio climático, nestes anos e nesta xeneración que temos antes de que os seus efectos se convirtan en verdadeiramente catastróficos.

 

Quizais os traballadores e traballadoras do entorno de Manzaneda poidan convertirse nas primeiras "víctimas laborais" do cambio climático en Galicia.

 

Os sistemas de neve artificial teñen un coste enerxético e de matenimento tan elevado que resultan difícilmente amortizables polo previsible número de usuarios das pistas que acepten ese sucedáneo de tobogán xelado nun contorno sin neve natural.

 

A asociación considera que difícilmente se atoparán inversións privadas que aposten por un proxecto de dubidosa viabilidade económica.

 

"Por ese procedemento de aplicar canóns de neve artificial, poderían convertir en pistas de esquí os arcens das autovías e baixar esquiando de Ourense a Vigo", sinalan irónicamente desde Amigos da Terra.

 

montanas

 

Amigos da Terra propón como alternativa a eses máis de seis millóns de euros do plan de viabilidade que foi presentado pola Xunta a rexeneración ecolóxica da Serra, aínda recuperable a pesares de tantos anos de destrozo ambiental en función do turismo de esquí, e potenciar o turismo verde, aberto en todas as estacións do ano, e reservar para os deportes de inverno as cada vez previsiblemente máis limitadas e trastocadas estacionalmente temporadas de neve persistente.

 

"O problema, sinalan desde Amigos da Terra, e que o denominado turismo verde e o turismo de esquí son incompatibles, pois parten de concepcións antagónicas. Un ten como base a conservación da natureza e o outro se fundamenta na artificialidede e na destrucción dos ecosistemas... estamos ante a obriga de e a responsabilidade de escoller o modelo polo que apostamos"

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Conservación e Usos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.