| Alemania prohibirá o cultivo de millo transxénico |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 14 Abril 2009 10:39 |
![]() Nesta semana tan importante para a loita antitransxénica, Alemania sumouse ao grupo de países europeos que prohiben o cultivo de millo transxénico por temor aos riscos que poida encerrar para o medio ambiente e a saúde humana. A ministra de Asuntos Agropecuarios e de Defensa do Consumidor, Ilse Aigner, anunciou en Berlín a decisión de non autorizar o cultivo de sementes do millo Mon 810, do xigante agropecuario Monsanto. Como sabedes, os transxénicos son experimentos a grande escala cheos de efectos imprevistos e non desexados. Ameazan a nosa saúde, producen contaminación xenética, teñen efectos ambientais negativos, agravan os problemas de acceso á alimentación...entre outros moitos perigos. Os consumidores/as e os labregos/as temos dereito a coñecer onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sostible e seguro. Por este motivo, mañá, día 15, colocaremos en diferentes puntos de Santiago de Compostela mesas informativas (Rúa Nova e zona universitaria), para que teñades a vosa disposición documentación sobre este tipo de cultivos e as consecuencias negativas que ten para a saúde e o medio ambiente. Así mesmo, o venres 17 pola tarde "Día da loita campesiña", sairemos ás rúas de Santiago de Compostela para esixir que se recoñeza o noso dereito a unha alimentación e unha agricultura libre de transxénicos. Deste xeito, na manifestación, levaremos a cabo diferentes accións reivindicativas en contra da política de transxénicos do actual Goberno, que segue facilitando a súa expansión en favor dos intereses de algunhas multinacionais. O día seguinte, sábado 18, terá lugar en Zaragoza a gran Manifestación Estatal Antitransxénicos, na que reuniremos á xente de toda España que non queren transxénicos nas súas vidas. Aínda quedan prazas no bus que sae o día 17 dende Santiago, así que, se estás interesado en asistir e mostrar o teu rexeitamento aos transxénicos, ponte en contacto con: Plataforma Galega Antitransxénicos: 649541773 comunicacion@galizasentransxénicos.org Por unha alimentación e unha agricultura libre de transxénicos! Convocan: PLATAFORMA RURAL (Amigos de la Tierra, CAS, Confederación Española de Consumidores y Usuarios (CECU), Centro de Estudios Rurales y de Agricultura Internacional (CERAI), CIC BATA, CIFAES-Universidad Rural Paulo Freire, Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), C. Tierra de Campos, Ecologistas en Acción, Entrepueblos, Espacio Comercio Justo, Jovenes Rurales C., Red Africa Europa, SODEPAZ, Veterinarios Sin Fronteras, Movimiento Rural C., Mundubat, SEAE, SOC, Universidad Rural Paulo Freire, Xarxa de Consum Solidari) e Greenpeace. |






