Portada NOVAS Antes francés que transxénico!
Antes francés que transxénico!
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 29 Setembro 2009 15:46
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

090929_milloembaixadafranciaUnha decena de millos humanos acudiron esta mañá á Embaixada Francesa en Madrid para solicitar "asilo agrícola". España é o único país da Unión Europea que cultiva transxénicos a grande escala, e acolle ademais case a metade dos experimentos ao aire libre que se realizan en Europa. Ante os repetidos casos de contaminación de cultivos de millo ecolóxico e convencional por transxénicos, os millos non ven máis saída que o exilio en Francia, país que prohibiu o cultivo do único millo transxénico autorizado na Unión Europea en xaneiro de 2008.

 

España é o único país da UE que cultiva transxénicos a grande escala. En 2008 cultiváronse case 80.000 hectáreas de millo modificado xeneticamente, o que supón en torno ao 20% do millo total cultivado. Ademais, o Goberno permitiu que España sexa o campo de experimentación das multinacionais, autorizando que se realicen en territorio nacional case a metade dos experimentos ao aire libre con transxénicos que se realizan na UE.

 

Ante esta situación, son decenas os agricultores ecolóxicos que sufriron casos de contaminación por transxénicos, sen que teñan ningún tipo de protección legal e afrontando graves perdas económicas. En España, cos transxénicos non funciona o principio de "quen contamina, paga". Nas zonas con maior cultivo de transxénicos, como Aragón ou Cataluña, o cultivo de millo ecolóxico está a desaparecer.

 

Son xa seis os países da UE que prohibiron de forma oficial o cultivo de transxénicos: Austria, Hungría, Luxemburgo, Grecia, Alemaña e Francia. Polonia e Italia manteñen tamén moratorias. Estes países prohibiron o cultivo de transxénicos polos seus impactos ambientais, a falta de estudos sobre efectos a longo prazo para a saúde humana ou a imposibilidade de controlar a súa dispersión e evitar a contaminación dos cultivos ecolóxicos e convencionais.

 

David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra afirmou: "O Goberno promove os transxénicos esnaquizando modelos de produción como a agricultura ecolóxica, máis sostibles e que xeran máis emprego no medio rural. A Ministra Espinosa debe seguir o exemplo dos seus colegas francés ou alemán e prohibir o cultivo de millo transxénico en España".

 

Máis información

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.