Portada NOVAS Día Mundial da Alimentación
Día Mundial da Alimentación
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 16 Outubro 2009 15:44
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091119_maizmon

 

No Día Mundial da Alimentación, Amigos da Terra fai balance e destaca o papel dos movementos sociais na loita antitransxénica en Galicia.

A principios de mes o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño facía públicos os datos de cultivos transxénicos no Estado, confirmándose que no ano 2009 reducíronse as cifras destes cultivos, pasando de 80.000 Ha en 2008 a 76.000 Ha no presente ano.

Respecto a situación en Galicia, os datos facilitados confirman que seguimos sen realizar cultivos comerciais de transxénicos. A pesares destas novas non podemos esquecer que as multinacionais do sector, con Monsanto a cabeza, solicitaron este mesmo ano 5 permisos para a experimentación ao aire libre con millo transxénico. No mesmo senso, cabe lembrar que os OXM (organismos xeneticamente modificados) que entran na nosa alimentación diaria o fan sobre todo a través de carne, ovos e derivados lácteos, provenientes de animais alimentados con pensos industriais que conteñen cultivos transxénicos.

Dende Amigos da Terra entendemos que é a presión social e a oposición xeneralizada da cidadanía a que fai que en Galicia sigan sen cultivarse transxénicos a nivel comercial. Os colectivos de consumidores/as, labregos/as e outras organizacións sociais e ecoloxistas agrupadas na Plataforma Galega Antitransxénicos, estamos a cubrir o grande baleiro informativo existente neste eido, sensibilizando e proporcionando alternativas viables á cidadanía. Por outra banda, denunciamos a falla de transparencia e a interesada opinión vertida pola industria protransxénica que pon en perigo a nosa seguridade e soberanía alimentaria.

 

Unha falla de compromiso claro do goberno galego:

O diálogo constante e a responsabilidade esixida á Xunta de Galicia dende a Plataforma Galega Antitransxénicos, contribuíu a que a Administración galega mantivera unha posición de precaución fronte as demandas da industria protransxénica, pese a que non tomou a decisión firme de declarar Galicia como zona libre de transxénicos como ven reclamando a Plataforma desde 2008.

O novo goberno galego ten pendente un posicionamento claro que o comprometa coa cidadanía en materia de seguridade e soberanía alimentaria, prohibindo a entrada, cultivo e experimentación de variedades de OXM en Galicia.

Máis preocupante é a posición mantida polo goberno central, que continúa cunha política de opacidade e falla de información, priorizando os intereses das multinacionais fronte a preocupación da cidadanía; aprobando as peticións de cultivos experimentais ao aire libre (entre outros en Galicia), e facendo de España o único país da UE que permite o cultivo de transxénicos a gran escala.

 

As promesas da industria:

Máis de dez anos de cultivos transxénicos demostran que as promesas de rematar coa fame e a pobreza no mundo non eran máis que iso, promesas.

Os transxénicos no mercado non foron modificados para incrementar a produción, e a investigación segue a centrarse en novas variedades resistentes a herbicidas e a insectos. Por outra banda, non hai que esquecer que este tipo de cultivos realízanse en grandes extensións que abusan de fertilizantes e pesticidas químicos, desprazan aos/ás pequenos/as labregos/as e fomentan a deforestación e a perda de biodiversidade.

 

No Día Mundial da Alimentación Amigos da terra reclama:

  • un posicionamento claro do goberno galego no tocante á experimentación, cultivo e comercialización de OXM, que conclúa coa firme declaración de Galicia como Zona Libre de Transxénicos.
  • un compromiso co sector labrego, apoiando unha alimentación libre de transxénicos para o gando e favorecendo eficazmente a agricultura ecolóxica local.
  • transparencia nas decisións e clara identificación dos OXM, que nos permita exercer a liberdade de elección que como consumidores/as temos.

Documento

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.