Portada NOVAS Plataforma Rural apoia o paro xeral do campo convocado polas organizacións agrarias
Plataforma Rural apoia o paro xeral do campo convocado polas organizacións agrarias
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 13 Novembro 2009 11:02
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091113_manifazaragoza

 

Organizacións de consumidores, ecoloxistas, agrarias, rurais e ONGD recordan que sen agricultores e gandeiros non hai futuro para os pobos.

 

A Plataforma Rural / Alianzas por un Mundo Rural Vivo, que agrupa a organizacións de consumidores, agricultores, ecoloxistas, movementos rurais e ONGD de todo o Estado entre as que se atopa Amigos da Terra [1], mostra o seu apoio ao paro xeral do campo e ás mobilizacións convocadas polas organizacións agrarias para os días 20 e 21 de novembro. A grave crise que atravesa o campo ten como causa fundamental o desmantelamento da actividade agraria, que xeraba emprego e sostiña o tecido social rural. E sen agricultores/ás e gandeiros/ás non hai futuro posible para os pobos.

 

Tal e como mantén COAG, unha das organizacións convocantes do paro agrario, Plataforma Rural considera que as causas reais da desaparición de miles de agricultores/ás e gandeiros/ás son a desregulación dos mercados, o afundimento constante dos prezos agrícolas e gandeiros ( sempre por debaixo dos custos reais de produción) e a aplicación das sucesivas reformas da Política Agraria Común (PAC) para seguir os ditados da Organización Mundial do Comercio (OMC) e do conxunto dos organismos multilaterais, enfocados a un apoio decidido ao modelo agroalimentario baseado no productivismo ilimitado e agro-exportador.

 

Jeromo Aguado, Presidente da Plataforma Rural afirmou "Sen agricultores/as e gandeiros/as, quen producirá os alimentos?, como se asegurará a soberanía alimentaria da poboación?, quen vai xestionar os montes, a terra ou o gando? Temos que dicir non á desaparición de máis agricultores/as e gandeiros/as, que son unha parte fundamental do futuro dos nosos pobos. "

 

Dende Plataforma Rural entendemos que mentres teñamos agricultores/as e gandeiros/as teremos a posibilidade de:

 

  • Generar alternativas a un modelo agroalimentario que conseguiu facer dun ben básico como a comida, unha mercadoría para especular nos mercados internacionais.
  • Manter e recuperar unha parte importante da nosa cultura rural.
  • Transmitir a través dos coñecementos da xente do campo as prácticas agroecológicas que fan compatible a actividade agrogandeira coa conservación do medio.
  • Recuperar e manter a biodiversidade agronómica, co manexo de centos de sementes locais e de razas autóctonas.
  • Manter e recuperar a práctica dunha agricultura local e campesiña.
  • Facilitar a volta ao campo e ao medio rural de miles de persoas que desexan emprender unha vida nos pobos.
  • Impedir que as transnacionais da agroalimentación gañen a batalla de facer da agricultura e da alimentación unha mera mercadoría, ao servizo dos intereses económicos dunha minoría.
  • No perder a esperanza dun mundo rural vivo.

 

Plataforma Rural séntese solidaria con todos o agricultores/as e gandeiros/as que viven do esforzo cotián coas tarefas do campo e que nestes momentos atravesan unha situación difícil e acudirá polo tanto ás mobilizacións.

 

Notas:

[1] Plataforma Rural é unha alianza agricultores/as, consumidores/as, ecoloxistas e ONGs para un mundo rural vivo. Conforman esta alianza: Amigos de la Tierra, Cáritas Española, CAS – Colectivos de Acción Solidaria, CECU-Confederación de consumidores y usuarios, CERAI, CIFAES-Universidad Rural Paulo Freire en Tierra de Campos, COAG-Coordinadora de Agricultores y Ganaderos, Colectivo Tierra de Campos, Ecologistas en Acción, Entrepueblos, Jóvenes Rurales Cristianos, Movimiento Rural Cristiano, Mundubat, Red África Europa, Red de Semillas, SEAE-Sociedad Española de Agricultura Ecológica, SOC-Sindicato de obreros del campo y del medio rural de Andalucía, Sodepaz, Universidad Rural Paulo Freire, Veterinarios sin Fronteras, Xarxa de Consum Solidari, Fundación EMAUS, CIC BATA.

 

Declaración completa

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Consumo Sustentable
Plataforma Galega Antitransxénicos

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.